Desconvocada a folga de facultativos da semana que vén ao lograr un acordo co Sergas

A coalición de sindicatos CESM e O'Mega conseguen un calendario de negociación sobre a Carreira Profesional.


|

Medicodoctorconsulta


A coalición de sindicatos médicos profesionais formada por CESM Galicia e O'Mega desconvocaron a folga de persoal facultativo prevista para os días 2 e 3 de novembro tras lograr un calendario de negociación sobre a Carreira Profesional.


En declaracións a Europa Press, o presidente de CESM-Galicia, José María Escudeiro, explicou que aínda que nun primeiro momento na reunión mantida o mércores parecía "imposible" un acordo, finalmente alcanzárono no encontro de representantes da Dirección de Recursos Humanos do Sergas co Comité de Folga da coalición.


A coalición sindical explica, nun comunicado, que decidiu desconvocar a folga de persoal facultativo porque "se conseguiu a aceptación, por parte da Administración, dun calendario de negociación, de Carreira Profesional Ordinaria exclusivo para persoal licenciado sanitario, pechado, con data final da mesma no mes de xuño de 2018".


Ademais, destacan que "se eliminou do acordo un parágrafo no que se esixía á coalición manter a paz social ata a finalización do proceso". "O que significaba que non poderiamos facer ningún tipo de mobilización no caso de que a negociación non transcorrese polas canles adecuadas, polo que temos as mans libres para protestar como consideremos oportuno, se durante a negociación nos pretenden impoñer algo que non nos satisfaga", conclúen.


FOLGA


Tras a desconvocatoria desta folga de persoal facultativo, para o 2 e 3 de novembro mantense ata a data o paro convocado pola plataforma sindical formada por CIG, CC.OO., UXT, CSIF, SAE e Satse para esixir á Xunta a "recuperación de dereitos" dos profesionais do Sergas.


Sobre esta convocatoria, o doutor Escudeiro desmarcou á coalición de sindicatos médicos e subliñou que, aínda que queren "recuperar todo", optaron por "priorizar a Carreira Profesional" porque "afecta a moita xente que leva moito tempo discriminada". "Parécenos o máis urxente", sentenciou.


relacionada Traballadores sanitarios esixen ao Sergas a recuperación dos seus dereitos laborais
relacionada Organizacións defensoras da sanidade pública preparan unha gran manifestación en novembro
relacionada Os dereitos perdidos levan á folga a todos os servizos do Sergas en novembro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE