O PSdeG atribúe ao "abandono" o regueiro de baixas e vacacións que o Sergas non cobre

"Os erros puntuais nunca xeran servizos extra e sempre son para reducir atención", reprochan os socialistas.


|

MedicopacienteconsultaO luns Cuntis estivo sen médico ao principio do día.


O Sergas deixou os veciños de Cuntis sen ningún médico que puidese atendelos ao comezo do servizo o pasado luns 31 de xullo, unha situación que "non é a primeira vez que se produce", tal e como denucia o PSdeG.


O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, acaba de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento para rexeitar o "abandono" por parte da Xunta. O deputado alerta de que "o mantemento dos servizos sanitarios está xa en dúbida constante pola tendencia do Sergas e da Consellería a minorar a implicación no seu funcionamento, coa non substitución de médicos de familia e a tendencia para agrupar poboacións na atención".


O socialista reclama que a Xunta "garanta o servizo sanitario de forma permanente" e destaca que estas problemáticas afectan de maneira especial no medio rural.


No caso concreto de Cuntis, o goberno municipal fíxolle comprobar á Polícía Local a "ausencia de cobertura para todos os veciños e veciñas". Así, Torrado atribúe esta situación ás "dificultades que a Consellería de Sanidade pon para cubrir vacacións e baixas dos profesionais nos centros de saúde".


Nun comunicado, Torrado lamenta que "o Sergas apela constantemente a situacións puntuais ou casos illados, pero a realidade é que o deixamento de funcións fixo estar aos veciños sen os seus médicos".


O deputado denuncia tamén que a Xunta utilice sempre casos puntuais como "escusa para reducir servizos pero nunca para aumentalos". "Resulta curioso que os erros puntuais nunca xeren servizos extra, e sempre son para reducir atención", afirma. "O día que exista un caso puntual que amplíe servizos poderase pensar que non é intencionado. Ata entón lamentamos comprobar que sempre son en detrimento de os veciños, espcialmente onde hai municipios gobernados polos socialistas", conclúe.

relacionada A Consellería deixa os nenos de Chantada sen pediatra no centro de saúde
relacionada O consultorio de Soutelo de Montes só abrirá catro horas e media cada día este mes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE