O consultorio de Soutelo de Montes só abrirá catro horas e media cada día este mes

O Sergas bloquea as citas médicas a primeira e última hora da mañá ata mediados de agosto, nun centro sobre o que pesa unha ameaza de desmantelamento.


|

CentrosaudesergasO consultorio de Soutelo de Montes, baixo ameaza de peche.

Ata mediados do mes de agosto, o Sergas decidiu reprogramar provisionalmente parte do horario de consultas do consultorio de Soutelo de Montes, situado no municipio pontevedrés de Forcarei.


Segundo informou a Xunta, durante esta quincena, as citas médicas entre as 9,00 e as 13,30 horas atenderanse en Soutelo de Montes, mentres que as urxencias entre as 8,00 e as 9,00 horas e entre as 13,30 e as 15,00 horas, atenderanse en Forcarei.


O impacto desta "reestruturación temporal", defendeu a Xunta, será "mínimo", posto que a demanda de consultas a primeira e última hora é "moi baixa" en Soutelo de Montes.


Este centro está ameazado polos plans do Sergas. Xa en xuño enviou a un dos dous únicos médicos que atendían neste consultorio para Forcarei, a pesar das protestas dos veciños ante a intención de desmantelalo.

relacionada O Sergas desmantela un centro de saúde de Forcarei por aforrar 50.000 euros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE