O Sergas desmantela un centro de saúde de Forcarei por aforrar 50.000 euros

"É iso o que valemos os veciños?", protestan, ao consideralo un "agravio para quen vive no rural".


|

Centrosaudesergas


Case un cento de veciños de Forcarei acudiron este luns ao Pazo Provincial para asistir ao pleno da Deputación de Pontevedra, no que interviñeron ao comezo da sesión para esixir o mantemento dos traballadores que actualmente prestan servizo no centro de saúde de Soutelo de Montes, unha decisión que tachan de "sensentido" e "atropelo".


Unha portavoz da Plataforma de defensa do Centro de Saúde de Soutelo lamentou o "desmantelamento do centro de saúde por parte do Sergas", que cualificou de "inxustiza e agravio para quen vive no rural".


Así, instou á Administración provincial a que a asignación de médicos atenda a criterios como a dispersión xeográfica ou o envellecemento da poboación.


Tamén criticou o trato dispensado pola alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro, membro do grupo provincial do PP na Deputación, á que acusaron de tentar deslexitimalos. "Sentímonos sós e enganados polo noso concello", subliñan.


"O Sergas di que vai ter un aforro de máis de 50.000 euros, é iso o que valemos os veciños?", pregunta a Plataforma.

relacionada Este verán empezarán as obras do novo centro de saúde de Gondomar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE