Este verán empezarán as obras do novo centro de saúde de Gondomar
Cando estea rematado contará con 12 consultas de medicina xeral e dúas máis de pediatría.
A Xunta de Galicia, por medio da Axencia Galega de Infraestruturas, adxudicará e iniciará durante o verán as obras de construción do centro de saúde de Gondomar. Á realización desta obra foron admitidas un total de 24 empresas.
O Goberno galego vai destinar preto de tres millóns de euros á execución da obra de construción, cuxo Programa Funcional inclúe unha área de medicina xeral con 12 consultas, unha área de pediatría con dúas consultas, unha zona destinada ao traballador social e salas polivalentes.
Ademais, o centro contará cunha área de administración con almacéns e outros servizos comúns. A superficie total será superior aos 1.600 metros cadrados.
Escribe o teu comentario