Cada vez son máis os centros e celadores que se suman ás concentracións que se celebrarán en toda Galicia o próximo día 12 de xullo ás 12 horas. Desde a organización precisan que formarán parte d a protesta os hospitais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Salnés, Cee “e proximamente Burela e Ferrol”.
Os celadores e celadoras de Galicia manifestaranse este próximo 12 de xullo ás 12 horas en fronte dos principais hospitais da comunidade. Os complexos hospitalarios da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra celebrarán estas protestas, mentres que os organizadores animan aos seus compañeiros de Lugo e Ferrol a unirse ás reivindicacións do colectivo.
Os enfermeiros e enfermeiras de Galicia ven sometidos por parte do SERGAS a unhas condicións laborais abusivas, e así o denuncia o documento redactado por Enfermeiras Eventuais en Loita, colectivo formado por máis de dez grupos locais da área sanitaria da comunidade.
O sindicato médico critica que "en lugar de aproveitarse o verán para seguir traballando na redución das listas de espera", estas "increméntanse aínda máis".
O SERGAS volve protagonizar outra polémica ao redor da lingua galega, tal e como denunciou unha usuaria viguesa á plataforma A Mesa por Normalización Lingüística.
Aínda que Galicia líbrase por agora das alertas meteorolóxicas que está a provocar a gran onda de calor que sofre Europa, as temperaturas aumentarán significativamente esta fin de semana ata superar os 33 graos no interior, especialmente en Ourense e en todo o sur de Galicia o vindeiro domingo, mentres o norte continúa con temparaturas moi agradables, mesmo frescas.Hai que estar atentos pois aos posibles golpes de calor, que xa causaron dous mortos en España, que pode deixar secuelas irreversibles no sistema nervioso, cardíaco, renal ou dixestivo.
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia cifra a sobrecarga de traballo nun 30% e culpa desta situación á Consellería de Sanidade pola súa "falta de previsión e planificación".
Un PAC de Carballiño rexistrou esta inusual situación o pasado sábado durante unha hora, obrigando á Garda Civil a intervir para acougar aos pacientes, asegura ‘PACs en pé de Guerra’.
Os profesionais médicos esixen polo menos "10 minutos por paciente" e a dimisión do conselleiro de sanida, Vázquez Almuiña. A protesta saíu, baixo unha intensa choiva, desde o edificio de la Xunta en San Caetano, e chegou ás instalacións do SERGAS en San Lázaro, un percorrido no que corearon consignas como 'Primeiro persoal e despois material' ou 'Feijóo, escoita, Primaria está en loita'.
Carlos Eirea, representante da Asemblea de Áreas Sanitarias de Galicia, atende a Galiciapress para debullar os motivos do parón deste mércores na Atención Primaria galega e como é a relación cos sindicatos despois da desconvocatoria da folga programada para o pasado mes de maio.