Consellos para combater a onda de calor, que afectará algo a Galicia esta fin de semana

Aínda que Galicia líbrase por agora das alertas meteorolóxicas que está a provocar a gran onda de calor que sofre Europa, as temperaturas aumentarán significativamente esta fin de semana ata superar os 33 graos no interior, especialmente en Ourense e en todo o sur de Galicia o vindeiro domingo, mentres o norte continúa con temparaturas moi agradables, mesmo frescas.Hai que estar atentos pois aos posibles golpes de calor, que xa causaron dous mortos en España, que pode deixar secuelas irreversibles no sistema nervioso, cardíaco, renal ou dixestivo.


|

Aínda que Galicia líbrase por agora das alertas meteorolóxicas que está a provocar a gran onda de calor que sofre Europa, as temperaturas aumentarán significativamente esta fin de semana ata superar os 33 graos no interior, especialmente en Ourense e en todo o sur de Galicia o vindeiro domingo, mentres o norte continúa con temparaturas moi agradables, mesmo frescas.


Hai que estar atentos pois aos posibles golpes de calor, que xa causaron dous mortos en España, que pode deixar secuelas irreversibles no sistema nervioso, cardíaco, renal ou dixestivo. Así o explica o Dr. José Manuel Pallarés, coordinador de Medicina Interna do Hospital Universitario HM Madrid. O galeno advírtenos do incremento de casos entre a poboación de máis idade, entre persoas que toman determinados medicamentos e entre enfermos crónicos con cardiopatías, problemas respiratorios, diabetes ou hipertensión. 


Calorbeberaguafuente





UN PROBLEMA SERIO PARA OS MÁIS MAIORES

Lonxe de ser algo anecdótico ou excepcional, advirte este especialista, “en persoas maiores os golpes de calor durante as épocas de altas temperaturas constitúen unha auténtica epidemia”. E aínda que se avanzou moito na concienciación, o especialista asegura que a poboación aínda descoñece a súa gravidade. “O golpe de calor é capaz de causar a morte por fallo multiorgánico”, lembra o Dr. Pallarés. E aínda logrando salvar a vida, “pode deixar secuelas irreversibles no sistema nervioso, cardíaco, renal ou dixestivo” de quen o sofre.


Por iso os especialistas de HM Hospitais lembran a importancia de adoptar todas as medidas necesarias para previr a súa aparición, aprender a identificar os síntomas e coñecer as pautas para actuar a tempo.


ATENTOS AOS SÍNTOMAS

“EI golpe de calor prodúcese cando a termorregulación corporal é incapaz de disipar cantidades adecuadas de calor e a temperatura corporal supera os 40 graos”, explica o Dr. Pallarés Fernández. Aínda que os síntomas comezan rapidamente “son facilmente identificables, o que permite iniciar canto antes coas medidas de recuperación”, explica o especialista.


Os síntomas van desde a cefalea, confusión e dificultade para falar ata sensación de vertixe ou mareo, alucinacións, molestias abdominais e, por último, un descenso do nivel de conciencia que pode levar ao coma.


BEBER AOS POUCOS E CONTINUAMENTE

Ante calquera destes sinais, débese actuar rapidamente quitando a roupa á persoa e levándoa a unha ducha ou bañeira para aplicarlle auga fría. Se isto non é posible, pódese poñer xeo nas zonas laterais do tronco. E se a persoa está consciente, é importante darlle de beber líquidos fríos en pequenas cantidades, de maneira continua. Pola contra, se o nivel de conciencia é baixo, hai que evitar a inxesta de líquidos ante a posibilidade de aspiración ao pulmón e “entrada en insuficiencia respiratoria aguda”, advirte Pallarés.


BEBER AÍNDA QUE NON SE TEÑA SEDE E EVITAR O ALCOL

Os especialistas de HM Hospitais inciden na necesidade de anticiparse e previr o golpe de calor. Para iso indican unha serie de medidas básicas como evitar o exercicio físico nas horas de calor intensa ou moi baixa humidade, permanecer en lugares frescos e non desprazarse nas horas de máis calor, salvo que se faga en vehículos con aire acondicionado.


Así mesmo, o Dr. Pallarés subliña a importancia de hidratarse ao longo de todo o día mesmo aínda que non se teña sede, xa que as persoas maiores ou que toman determinados tratamentos non senten a necesidade de beber. E por suposto “non recorrer a bebidas alcohólicas, sobre todo se son de alta gradación”, engade o especialista.


Elixir pezas adecuadas, roupa de algodón e de cores claras e protexerse con gorras, viseras, lentes de sol, etc. son outras das medidas básicas de prevención. E, por suposto, consultar co médico se se están tomando determinados fármacos como diuréticos, tranquilizantes ou anticolinérgicos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE