"Jácome é un alcalde que comete ilegalidades de forma continuada mentres culpa aos demais dos seus problemas e que está acompañado por un PP desaparecido en combate e de perfil", denuncia o portavoz socialista.
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, terá a oportunidade de enfrontarse cara a cara con Alberto Núñez Feijóo no Parlamento de Galicia e dar así o pistoletazo de saída para as eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo ano. Os socialistas esperan manter a tendencia reflectida nas dous últimos comicios para chegar ao poder en Galicia e evitar un cuarto mandato popular na comunidade.
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, deu a coñecer na mañá do venres a distribución das áreas do seu goberno, nunha rolda de prensa na que estiveron presentes os oito concelleiros socialistas, entre os que repartiu todas as competencias ao non chegar a acordos de coalición.
A primeira alcaldesa electa da historia da Coruña atende a Galiciapress para narrar como están a ser estes primeiros días de goberno municipal. A rexedora socialista non pecha a porta para lograr un pacto con Marea Atlántica ou BNG, agora ou no futuro, aínda que asume que en principio terán que gobernar en solitario. Á súa vez, pide responsabilidade a PP, Cidadáns e especialmente a Unidas Podemos para poder investir a Sánchez, algo que considera clave para a aprobación do tan reclamado Estatuto Electrointensivo. “Se non estivese en funcións (o goberno) xa estaría convocado o Consello de Ministros para aprobar o Estatuto Electrointensivo”, alega.
Mato anuncia unha estratexia comarcal para reclamar infraestruturas: "Na provincia non pode haber cidadáns de primeira e de segunda".
O nacionalista Rubén Arroxo será primeiro tenente de alcalde, e farase cargo da vicealcaldía, mobilidade e infraestruturas, co apoio de Alexandre Penas como concelleiro delegado da parte concreta de infraestruturas urbanas. Desta forma, os nacionalistas formarán parte do goberno socialista de Lara Méndez na cidade.
O desde hoxe exportavoz socialista márchase critica á dirección galega, á que acusa de non querer dialogar, e denuncia o intervencionismo de Gonzalo Caballero na secretaría provincial.
Pola súa banda, o PSdeG estudará adoptar "medidas" en Fene, onde o PP conseguiu a Alcaldía ao non apoiar os socialistas ao candidato do Bloque.
O exsenador socialista foi investido contando cos votos dos edís de Ferrol en Común e BNG.
Abel Caballero foi investido alcalde de Vigo por cuarta vez consecutiva nun pleno sen sorpresas, no que a súa candidatura recibiu o apoio de 20 edís, fronte ao único edil do BNG, os dous de Marea de Vigo e os catro concelleiros do PP (cada un dos partidos da oposición votou ao seu propio candidato).
O veterano socialista regresa á alcaldía de Santiago de Compostela, tomando a substitución de Martiño Noriega e Compostela Aberta.
Lara Méndez asinando o acordo co BNG de LugoFinal feliz para o PSdeG de Lara Méndez.
O presidente galego insiste en que debe gobernar a lista máis votada ao mesmo tempo que o seu partido pacta con Cidadáns e a ultradereita de Vox para que non goberne o máis votado en Madrid. En Ourense, o PP tamén está a tentar darlle a alcaldía ao terceiro máis votado, Democracia Ourensá, a cambio de salvar a Deputación de Manuel Baltar.
Galiciapress entrevista á futura alcaldesa da Coruña: Inés Rey (1982). A socialista, que conta coa vontade de Marea Atlántica e do BNG para investila rexedora, será a primeira muller electa á fronte de María Pita. Rey ten ademais o compromiso do goberno central para solucionar a situación de Alcoa e prevé un goberno autonómico con Gonzalo Caballero como presidente. O feminismo, a vida nos barrios ou o deporte na cidade, onde sofre cada semana co seu Deportivo da Coruña, son outros dos temas da charla.
Hai uns meses as enquisas puñan ao PSOE en terceira posición pero o retorno do ex-alcalde provocou un tremor na política local que se plasmou nunha contundente vitoria socialista. Con todo, Xosé Sánchez Bugallo necesita de apoios e nesta entrevista con Galiciapress detalla en que eidos buscará pactos con Compostela Aberta, PP e BNG; noemadamente o turismo e o Xacobeo. Co Bloque non descarta aínda compartir goberno. A operación Peleteiro, o “estraño” criterio da conselleira de Infraestruturas co tren ao aeroporto, o teleférico á Cidade da Cultura e a construción de vivenda pública son algúns doutros temas desta conversa.