O barómetro CIS sitúa ao PSdeG diante do PPdeG


O barómetro do CIS pregunta por unhas hipotéticas eleccións xerais, pero vista a proximidade das eleccións galegas, a desagregación de datos na autonomía ten especial interese.


|

O barómetro do CIS pregunta por unhas hipotéticas eleccións xerais, pero vista a proximidade das eleccións galegas, a desagregación de datos na autonomía ten especial interese.


Nuu00f1ez Feiju00f3ou (PP) e Gonzalo Caballero (PSOE) nunha recepciu00f3n do presidente da Xunta

Nuñez Feijóo (PP) e Gonzalo Caballero (PSOE) nunha recepción do presidente da Xunta


O organismo estatal sitúa a o PSOE en primeira posición, como leva facendo xa hai moitos barómetros. No de hoxe, dálle aos socialistas 26,8 puntos na estimación final "voto+simpatía", a resultante de sumar o voto declarado polos enquisados máis as estimacións que, en base a pasadas eleccións, fai o CIS, a chamada "cociña". O 26,2 para os de Gonzalo Caballero son dous puntos menos que na media estatal.


MOITOS MELLORES PORCENTAXES PARA FEIJÓO QUE PARA CASADO


Cis decembro 2019  galicia


En segundo lugar, pero moi próximo, estaría o PPdeG. Os de Feijóo quedarían co 23,2% ; moi superior ao 14,6% que lle dá o CIS ao PP de Pablo Casado a nivel estatal.


A terceira posición sería para o BNG. Isto é moi relevante, pois a primeira vez en moito tempo que o CIS sitúa aos nacionalistas tan arriba. De feito, durante os barómetros da pasada lexislatura nin preguntaba por eles, aducindo que eran forza extraparlamentaria. Os de Ana Pontón quedarían co 9,8% dos votos.


Cuarta posición para Unidas Podemos, que acaba de configurar unha alianza con EU e ANOVA. Quedarían co 7,7% dos votos, aínda que en teoría deberían sumar o 0,4 que o CIS lle dá a En Común - Unidas Podemos, a coalición que montaron os morados e EU para o Congreso. Tamén poderían sumar parte do 1% que se estima para Mais País, que non concorrerá ás galegas.


Vox só sacaría o 4,1% dos votos, polo que quedaría fóra do Parlamento Gallego, onde hai que sacar un 5% nalgunha provincia para aspirar a escano. É unha forte caída para os de Abascal, que nas últimas xerais sacaron máis do 8% en Galicia.  Ademais, os de Vox en Galicia quedan lonxe do 7,8 que estima o CIS a nivel estatal para o seu partido.



ATA QUE PUNTO PÓDESE EXTRAPOLAR A UNHAS ELECCIÓNS GALEGAS?

Así as cousas, valorando que o CIS non lle dá opcións a Cidadáns en Galicia (2,6%) dos votos, este barómetro permite intuír unha maioría parlamentaria de esquerdas se fóran así os resultados do #5A. Claro que hai que ter en conta outros moitos factores en contra da extrapolación: o PPdeG aínda pode sumar a Cs ás súas listas e en realidade os encuestadores preguntan pola política española, non a galega.


Tamén é certo que o barómetro do CIS predixo acertadamente a subida do PSdeG en Galicia, que chegou a superar ao PP nas penúltimas xerais e lograr un empacte técnico cos conservadores na última cita coas urnas. E tamén é certo que por agora ningunha enquisa  realizada ad hoc  para as galegas sitúa aos de Caballero por diante dos de Feijóo, nin sequera a encargada polos socialistas a SigmaDos. Todas as enquisas específicas para Galicia dan ao PPdeG vencedor e case todas por encima da maioría absoluta.


A nivel estatal, a suma de PSOE e Unidas Podemos bordea a maioría absoluta, crecendo os dous partidos respecto a os resultados que tiveron nas xerais, mentres caen PP, Cs e Vox. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE