Tras unha semana de silencio, o presidente do PP fala para tentar marcar a postura do seu partido. Algo que non consegue, pois esta mesma mañá o seu portavoz Cayetana Álvarez de Toledo volveu a apostar por unha gran coalición, que rexeitou onte Casado.
Bendí un pacto constitucionalista con PP, Cs e o PSOE, pero exclúe a Pedro Sánchez.
O que resultou imposible en medio ano arranxouse en dous días. Sánchez e Iglesias compareceron xuntos, apertón de mans e abrazo incluídos, para anunciar un acordo ao que agora deberán sumar máis socios para superar os previsibles votos en contra de PP e Vox.
As enquisas, como se puido comprobar, non sempre acertan. Este 10-N quedará na memoria de boa parte da cidadanía como as eleccións que abriron a porta parlamentaria á extrema dereita, aos antisistema da CUP e o trompazo de Cidadáns.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, respondeu o líder de VOX a partir das preguntas de Galiciapress. “Dicir que Feijóo é ‘nacionalista’, ademais dunha broma, é un insulto á maioría dos galegos que votan a un partido non nacionalista como é o Partido Popular de Galicia”, reprochou Feijóo a Abascal, non sen antes reafirmar que Galicia é unha Nación histórica “porque está recollido na Constitución e porque é a definición correcta, legal e política de Galicia desde o ano 1978”.
Consulta aquí que prometen os principais partidos españois que se presentan ás eleccións xerais do 10 de novembro.
A segunda xornada de campaña en Galicia tivo como protagonista principal a Pablo Casado, secretario xeral do Partido Popular, que fixo campaña en Galicia xunto a Alberto Núñez Feijóo e prognosticou que Galicia seguirá sendo territorio exclusivo do PP no que se refire a escanos para a dereita.
Os socialistas mantéñense á cabeza en Galicia de fronte ao 10N cunha intención de voto do 25,8%, aínda que acusan o bajón con respecto aos anteriores datos do Centro de Investigacións Sociolóxicas. O PP, aínda que se mantén con respecto ao anterior CIS, segue por baixo do PSOE, co 18,4%.
Os socialistas mantéñense á cabeza en Galicia de fronte ao 10N cunha intención de voto do 25,8%, aínda que acusan o bajón con respecto aos anteriores datos do Centro de Investigacións Sociolóxicas. O PP, aínda que se mantén con respecto ao anterior CIS, segue por baixo do PSOE, co 18,4%.
Esa será a gran novidade dos posibles resultados, segundo as enquisas, que marcará a vida parlamentaria na próxima lexislatura. Queda claro que as sesións no Congreso dos Deputados van ser todo menos tranquilas.
O PSOE segue de primeiro con certa vantaxe pero os de Casado recortan grazas ao seu forte ascenso, que se produce sobre todo grazas ao afundimento de Ciudadadanos, en risco de ser superados por Vox. Os socialistas terían 123 escanos e o PP 102, segundo unha enquisa de GAD3.
O presidente do Goberno en funcións expresa o seu "firme e rotunda condena á violencia que busca romper a convivencia en Catalunya".
Unidas Podemos perdería votantes en favor da formación de Íñigo Errejón, Máis País.
O Centro de Investigacións Sociolóxicas dá ao Partido Socialista Obreiro Español unha estimación de voto do 34,2% no barómetro de setembro, cinco puntos máis dos que conseguiu nas eleccións do pasado 28 de abril, e que lles dá unha ampla vantaxe sobre o Partido Popular, que quedaría en segunda posición cunha estimación de voto do 17,1%, a metade dos socialistas.
É o triunfo da incapacidade dos novos políticos para tragarse o seu orgullo de fanfurriñeiros e intereses partidistas.
O líder da formación violeta conserva o seu desexo de formar un goberno conxunto co socialistas pero, a falta de avances determinantes nas negociacións, trasladou ao Rey que manteñen a abstención na próxima votación de investidura. Pola súa banda, Sánchez respondeu a Rivera que ofrece "garantías" para a abstención de Cidadáns, pero desde a forza laranxa manteñen o non ao Goberno en funcións.