Feijóo responde a Abascal, que o tachou de “nacionalista”: “Se hai unha comunidade que parou aos nacionalistas esa é Galicia”
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, respondeu o líder de VOX a partir das preguntas de Galiciapress. “Dicir que Feijóo é ‘nacionalista’, ademais dunha broma, é un insulto á maioría dos galegos que votan a un partido non nacionalista como é o Partido Popular de Galicia”, reprochou Feijóo a Abascal, non sen antes reafirmar que Galicia é unha Nación histórica “porque está recollido na Constitución e porque é a definición correcta, legal e política de Galicia desde o ano 1978”.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, respondeu o líder de VOX a partir das preguntas de Galiciapress. “Dicir que Feijóo é ‘nacionalista’, ademais dunha broma, é un insulto á maioría dos galegos que votan a un partido non nacionalista como é o Partido Popular de Galicia”, reprochou Feijóo a Abascal, non sen antes reafirmar que Galicia é unha Nación histórica “porque está recollido na Constitución e porque é a definición correcta, legal e política de Galicia desde o ano 1978”.
Feijóo ante os medios
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, foi un dos protagonistas involuntarios do debate que o pasado luns enfrontou aos candidatos á presidencia dos principais partidos. O nome do presidente autonómico saltou á palestra cando o líder de VOX, Santiago Abascal, tachouno de “nacionalista” por defender que Galicia é unha Nación histórica.
Estas palabras pareceron molestar ao dirixente galego, que se mostrou contrariado. “Non se que interese teñen outros candidatos –referíndose neste caso a Abascal– por manipular as cousas. Paréceme que é excesivo”, criticou Feijóo. Nesa liña, non escondeu que no caso de Abascal, “non é a primeira vez que o fai”. “Manipula as miñas palabras e as miñas conviccións”, reprochou.
“O que está claro, e así o dixo outro dos altos cargos aquí en Ourense, é que o obxectivo de VOX é botar a Feijóo da Xunta, algo que concorda perfectamente co obxectivo dos socialistas”, afirmou o líder dos populares galegos. “Canto mellor lle vaia a VOX mellor irá ao Partido Socialista”, vaticinou Feijóo.
“É UNHA BROMA E UN INSULTO”
Con todo, Feijóo non eludiu a confrontación con Abascal e alegou que “se hai unha comunidade autónoma onde paramos aos nacionalistas esa é Galicia”, apoiando esa afirmación no feito de que “en Galicia nunca gañaron os nacionalistas”.
“Dicir que Feijóo é ‘nacionalista’, ademais dunha broma, é un insulto á maioría dos galegos que votan a un partido non nacionalista como é o Partido Popular de Galicia”, reafirmou. “Un partido”, apostilou, “que defende que Galicia é unha Nacionalidade histórica porque está recollido na Constitución e porque é a definición correcta, legal e política de Galicia desde o ano 1978”.
“Esta é a realidade, o outro é un instrumento que algún día saberemos a que responde, pero hai antecedentes de partidos de esquerda que tentaban activar a partidos de extremaderecha para tentar que partidos tépedos, de centro ou centro dereita, non poidan recoller eses votos”, lamentou Feijóo, que tampouco dubidou en equiparar a VOX cos partidos de extrema dereita con máis peso na política europea. “Aquí podemos estar noutro capítulo de que a esquerda insufle vida a un partido de extrema dereita”, insistiu.
CONENTRAR O VOTO
Con todo, Feijóo recalcou que o debate “xa é historia” porque “na política española pódese dicir unha cousa pola mañá, outra pola tarde e ao día seguinte xa non importa”. Con todo, si recoñeceu lembrar “cousas interesantes” do debate, como que Pedro Sánchez deixou sen responder a cuestión sobre se aceptaría o apoio de Torra e Esquerra Republicana en caso de necesitalo para asegurar a súa presidencia.
“Se o presidente do goberno en funcións é incapaz de responder a preguntas tan elementais coma se vai seguir gobernando co independentismo en Cataluña e tamén se negou a dicir que se necesitase os votos dese independentismo para consolidar un goberno en España e se nin sequera sabe cantas nacións hai en España...comprenderá que estamos en ante un problema de fiabilidade de primeiro nivel”, asegurou.
“Espero que a xente tomase boa nota do debate”, recalcou Feijóo, antes de lembrar que “lamentablemente nestes momentos non sabemos se se poderá votar con seguridade en Cataluña”. No mesmo sentido, concluíu que a intención do candidato socialista durante o debate foi “darlle un enorme protagonismo a VOX e a Cidadáns”, algo que, no entender do titular autonómico, “entra perfectamente na estratexia do PSOE”.
“O PSOE sabe que a maioría dos cidadáns electores convocados ás urnas prefiren que non siga outros catro anos e que a única posibilidade para que Sánchez continúe catro anos máis é conseguir que todos aqueles que non queren a súa presidencia voten de forma dividida. Se a estratexia da división logra bos resultados, hai posibilidades de que siga gobernando catro anos máis”, comentou o presidente da Xunta.
Nese sentido, fixo un chamamento a aqueles que queren un cambio de goberno para “votar de forma unida” e concentrar o voto en Pablo Casado, ao que se referiu como “o único candidato que quere ser presidente do goberno” alegando que de todos os participantes “era o que concretaba datos, propostas e sen estridencias”.
PACTO PP-VOX?
Con todo, Feijóo esquivou as cuestións referidas a unha hipotética alianza entre PP e VOX para formar goberno no caso de que os resultados electorais posibiliten un goberno de dereitas. Nese sentido, limitouse a tirar do “resultado da experiencia” onde nas últimas eleccións xerais de abril VOX non logrou escano en Galicia a pesar de obter 86.000 votos e que os votos a Cidadáns en Lugo e Ourense “fóronse sen carga”.
“Estas eleccións dependerán de se hai millóns de votos sen escano. Cuantos máis votos teñan Cs e VOX máis posibilidades hai dun goberno do PSOE; concentrar o voto no PP poderá haber un cambio de goberno”, sentenciou Feijóo.
Escribe o teu comentario