O PP é o gran beneficiado da crise catalá segundo as enquisas

O PSOE segue de primeiro con certa vantaxe pero os de Casado recortan grazas ao seu forte ascenso, que se produce sobre todo grazas ao afundimento de Ciudadadanos, en risco de ser superados por Vox. Os socialistas terían 123 escanos e o PP 102, segundo unha enquisa de GAD3.


|

WhatsApp Image 2019 10 19 at 11.25.48 (1)


O PSOE segue de primeiro con certa vantaxe pero os de Casado recortan grazas ao seu forte ascenso, que se produce sobre todo grazas ao afundimento de Ciudadadanos, en risco de ser superados por Vox. Os socialistas terían 123 escanos e o PP 102, segundo unha enquisa de GAD3.



Os conflitos producidos a última semana en Catalunya pasan factura electoral ao PSOE, mentres que benefician ao PP.


Enquisa ABC



Así o indica a enquisa de ABC/GAD3 que recolle os primeiros efectos da sentenza do procés nos comicios do 10 de novembro.


Así, o PSOE tería 123 escanos e o PP 102, mentres que Cs seguiría perdendo seguidores e Vox tería 33, case o dobre que Cidadáns.


O discurso de Vox gañaría adeptos e se nas anteriores eleccións obtivo 24 deputados, agora tería 33.


O PP estaría a 21 escanos e 5,7 puntos de estimación de voto por baixo do PSOE. Hai unha semana esa diferenza era de 28 escanos, mentres que nas eleccións de abril foi de 57 deputados e de 22 puntos no voto a favor dos socialistas.


Ao contrario do que se estimaba hai unhas semanas, a repetición de eleccións pode prexudicar a Pedro Sánchez, arrastrado polo caos en Catalunya e as complicacións para crear alianzas.


Unidas Podemos pasaría de 32 a 31 deputados, mentres que ERC sairía beneficiado dos seus encontróns co presidente da Generalitat, Quim Torra, que gañaría un escano ata chegar aos 15.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE