Feijóo di que Vox fai trampas pero mantén a porta aberta a pactar
Quero ser xusto, non me atrevo a incluír a Vox dentro dos partidos rupturistas", apunta o presidente do PPdeG tras atacar a lso socialistas por "pactar con partidos rupturistas que fan unha emenda á totalida de 40 anos de Constitución".Cando se lle lembra que os de Abascal buscan eliminar as autonomías, un dos alicerces da Constitución, Feijóo carga as tintas contra Vox, a quen acusa de "comportamento desleal coa nación española" por "dicir que habemos de volver á etapa preconstitucional" e confundir independentismo con nacionalismo e ás autonomías coa ruptura de España.
O presidente da Xunta segue acaparando portadas na prensa estatal en plena incerteza sobre o futuro do Goberno de España. Hoxe luns faino en El Mundo, onde lanza unha mensaxe moi ambivalente sobre Vox.
Son públicas e notorias as malas relacións con Santiago Abascal, con quen tivo varios rozamentos. Con todo, o líder galego evita clasificar a Vox como partido rupturista, xusto despois de criticar ao PSOE por, precisamente, pactar con partidos que el se considera que rompen o marco constitucional.
Na entrevista Feijóo di que o seu líder estatal Casado acertou ao rectificar o rumbo, como o propuxo, tras o fracaso das primeiras xerais deste ano
"Gustaríame esperar a ver como evoluciona Vox para incluílo aquí. Quero ser xusto, non me atrevo a incluír a Vox dentro dos partidos rupturistas", apunta o presidente do PPdeG tras atacar a os socialistas por "pactar con partidos rupturistas que fan unha emenda á totalidade de 40 anos de Constitución".
A "FALAZ" MENSAXE DE VOX
Cando se lle lembra que os de Abascal buscan eliminar as autonomías, un dos alicerces da Constitución, Feijóo carga as tintas contra Vox, a quen acusa de "comportamento desleal coa nación española" por "dicir que habemos de volver á etapa preconstitucional" e confundir independentismo con nacionalismo e ás autonomías coa ruptura de España. "Este tipo de mensaxes son falaces e tramposos", argumenta antes de criticar que a única mensaxe dos seus competidores sexa "Viva España".
Escribe o teu comentario