Repuntan as mortes por accidente laboral en Galicia, con 43 falecidos só até agosto

A comunidade galega mantén unha tendencia contraria ao conxunto do Estado, onde descenden esta clase de sucesos fatais. 


|

Archivo - Instalaciones de Astilleros San Andrés en Teis, a 14 de marzo de 2024, en Vigo, Pontevedra, Galicia, (España). Trabajadores del sector metalúrgico se han concentrado a las puertas de los distintos astilleros de la ciudad de Vigo en señal de cond
Foto: EP


 

Un total de 43 traballadores faleceron en accidente laboral en Galicia entre xaneiro e agosto de 2025, o que supón catro mortes máis que nos oitos primeiros meses de 2024 (39), segundo os datos publicados polo Ministerio de Traballo.

Este incremento en Galicia contrasta coa baixada de nove mortes en España, onde houbo 489 accidentes mortais laborais no mesmo período (498 hai un ano).
 


Do total de 43 mortes na comunidade galega, oito delas producíronse en itínere. Por provincias, os falecementos tiveron lugar en: A Coruña (20), Pontevedra (12), Lugo (8) e Ourense (3).
 

Cinta policial
Cinta policial


Galicia rexistrou un total do 19.462 sinistros laborais con baixa até agosto, 684 máis que no mesmo período do ano anterior (+3,6%). Entre eles, 19.119 foron leves e 300 foron graves (2,3%).

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE