Política

A guerra en Ucraína e os riscos dunha guerra nuclear a gran escala

Non parece que os europeo sexamos suficientemente conscientes dos riscos que estamos a correr coa guerra en Ucraína.

As crises recorrentes das dereitas españolas

Finalmente, non se debe perder de vista o impacto que nesta última crise interna do Partido Popular ten a evidencia de que o goberno español de quenda (PSOE, UP), mal que ben, vai gobernando e tirando para adiante.

​Miles de persoas claman en Xénova contra Casado e vitorean a Ayuso, que admitiu que o seu irmán se lucró con contratos públicos

Horas decisivas no futuro da cúpula do Partido Popular. Con miles de afiliados e simpatizantes ás portas da sede nacional do partido, a marxe de manobra do secretario xeral, Pablo Casado, é cada vez máis reducido. Díaz Ayuso gañoulle o pulso na rúa, mentres que o núcleo duro dos baróns, liderados por Feijóo, cuestiona cada vez máis o seu liderado.

As propostas de Podemos para a reforma fiscal provocan a enésima brecha no Goberno de coalición

Encontrón entre PSOE e Unidas Podemos, as dúas forzas que conforman no Goberno de España. Nesta ocasión, a reforma fiscal parece ser o detonante. Antes, a reforma laboral, as investigacións á Casa Real ou as tensións entre Rusia e Ucraína foran outros dos motivos de fricción entre os socialistas e a formación violeta.

José Tomé, presidente da Deputación de Lugo: "A Xunta ten as competencias pero non un plan industrial"

Nesta entrevista con Galiciapress, o presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte de Lemos repasa a actualidade política dos socialistas galegos, a difícil realidade económica dunha provincia castigada en materia industrial e as tensións coa Xunta de Galicia en temas como as infraestruturas ou o turismo.

A xustiza dos peixes

O sucedido co exdiputado de UP, AlbertoRodriguez, expulsado do seu cargo de deputado electo por presións, nin máis nin menos, que do Tribunal Supremo, tras ser condenado a un mes e medio de prisión por supostamente ter propinada unha patada a un policía pasará aos anais da democracia española como un acto xudicial e político vergoñoso: "unha monstruosidade, unha animalada xurídica...unha mostra da putrefacción da política española" en palabras do catedrático de Dereito constitucional, Javier Pérez Royo, para quen "a condena do Supremo non comporta unha inhabilitación para a carreira pública senón que é para o exercicio directo do sufraxio pasivo, dúas cousas diferentes".

​Crece a tensión entre Rusia e Estados Unidos, que evacúa ás familias dos seus diplomáticos en Ucraína

Os movementos de tropas na fronte ucraína han levada a Estados Unidos a considerar que as tensións políticas desembocarán pronto nun conflito armado. Desde a administración de Joe Biden consideran que nestes momentos está a vivirse unha “ameaza continuada dunha acción militar por parte de Rusia”.

Masaxes mediáticas

Cun suxestivo xogo semiótico de palabras, McLuhan facía confluír ideas como Message (mensaxe), Mess Age (época confusa), Massage (masaxe) e Mass Age (tempo de masas).Todos estes vocábulos concernían ás transformacións sociais propiciadas polos cambios mediáticos na que, alá polos anos 60 do século pasado, albiscábase como aldea global, e as súas consecuencias para a vida política postindustrial.Posteriormente, en The Medium is the Massage, elaborado xunto a Quentin Fiore (1967), recollíase unha anticipadora observación sobre os medios e o goberno da ‘cousa pública’: “Unha nova forma de política emerxe.

Os custos da crispación

Tanto os últimos resultados electorais como as diferentes enquisas poñen en evidencia que a estratexia de crispar o debate político que vén seguindo o Partido Popular, co señor Casado como primeira espada, a quen realmente favorece é a Vox, que atopa nesa estratexia o seu espazo natural que, por outra banda, non ten que construír porque llo dan feito.

Yolanda Díaz confinada tras dar positivo en Covid, con síntomas leves que lle obrigan a aprazar a súa axenda​
Detalla que seguirá traballando desde o confinamento e que se atopa ben, con síntomas leves da enfermidade


As esquerdas galegas a procúraa dun novo perfil

A vía heterodoxa, que lidera Ana Pontón, que busca "ampliala base social" e converter ao BNG "no partido galeguista do século XXI", o que necesariamente lle obriga a unha modulación das estratexias históricas e unha actualización dos discursos para así atraer ao electorado que se quere gañar, pero sen que estes movementos teñan que supoñer necesariamente grandes renuncias a longo prazo.

A Constitución e a política do embude

Non foi ata o 1983 cando se decretou o 6 de decembro como festivo nacional. Acto institucional do Día da Constitución /@EP Este ano, os actos de celebración do Día da Constitución estiveron marcados, como hai xa algúns anos, pola ausencia institucional dalgúns presidentes de comunidades autónomas, ás que se uniron as declaracións de membros do Goberno, -parte de unidas Podemos-, quen dixo que a Carta Magna é un “traxe vello”, debe ser igual que as promesas que fixeron no seu día, cando chegaran para sacar á caste do poder e sucumbiron a el.

A España plural e solidaria fronte a España franquista

Parece cada día máis evidente que, a pesar da tripla crise que nos golpea duramente (sistémica, ambiental e pandémica), da brutal ofensiva das dereitas (PP/ Cs/ VOX) e os seus aliados (xuíces, policías, medios de comunicación...) e das comprensibles diferenzas internas, o goberno español das esquerdas (PSOE/UP) avanza na súa consolidación con cada vez máis seguridades de ser quen de finalizar a actual lexislatura e afrontar a próxima nunha excelente posición de partida tal como para repetir a actual maioría.

​Feijóo "pasa" de Jácome e dos plans de Democracia Ourensá para presentarse ás xerais e autonómicas

Fai máis dun mes que o líder de DO anunciou que a súa forza política presentaríase ás próximas xerais e autonómicas, competindo cun Partido Popular que vería ameazados un bo número de votos.

Que non vos enganen cas súas adrómenas sobre as pensiones

Non deberían quedar dúbidas sobre as reais intencións da maioría de estes  negacionistas: sementar o medo, crear un estado de ansiedade xeral para así conseguir tanto debilitar á resistencia das clases populares as reformas  regresivas das pensións públicas canto evitar que o debate político céntrese no que resulta decisivo, en se queremos, ou non, un sistema público de pensións, que sexa universal e garante dunhas pensións suficientes.

Principio de acordo entre PP do Porriño e EU SON para a moción de censura contra Eva García de la Torre​
Fuentes 'populares' inciden en que "non se trata de buscar cambios, senón solucións" ante a "falta de xestión" no Concello

PP do Porriño acepta as peticións de EU SON para a moción de censura e defende primar "o interese público" 


Un millón de pasos por Ourense

Dentro do “Mare Magnum” de cousas que descoñezo sorpréndenme algunhas iniciativas tomadas por algúns políticos de Ourense. Neste caso concreto, non se trata de xulgar a idoneidade da medida, nin as circunstancias que puidesen rodeala, senón do esforzo que supón levala adiante.


Camiño, camiño longo

A pesar dos atascos citados non me cabe a menor dúbida de que se o BNG avanza polo camiño debuxado na XVIII Asemblea Nacional -que pode finalizar sendo histórica- algo empezará a cambiar en Galicia para ben das clases populares que son maioría no país pero que levan moito tempo esquecidas polos poderes públicos.

A política e os coches de carreiras

Que o PSdeG-PSOE non está debidamente preparado para gañar unhas eleccións autonómicas como, por caso, parece confirmar a evidencia de que despois de 12 convocatorias electorais o PSdeG-PSOE só una (1)  alcanzou a Presidencia da Xunta de Galicia pola vía electoral, por certo e en coalición, a pesar dos continuos cambios de candidato (11).

Ana Pontón conclúe o tempo de reflexión e apunta a volver liderar ao BNG​

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou que se volverá a presentar para encabezar a candidatura interna e liderar a formación nacionalista, co "reto" de gañar a Xunta en 2024, porque "por primeira vez", proclamou, a formación nacionalista está en "condicións de disputar a hexemonía ao PP". "Fose un erro maiúsculo e un lastre para o reto que temos por diante non facer un alto no camiño", exclamou, antes de afirmar:  "Seguir coma se nada, non era unha opción".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE