"Coloca Galicia a disposición dun puñado de multinacionais para que fagan negocio, póndolle a alfombra vermella en contra dos intereses das maiorías sociais", criticou a viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil
O proxecto do Novo Hospital de Vigo (NHV) ía ser a gran solución ao desequilibrio entre norte e sur de Galicia en canto prestacións de sanidade pública. En 2009 todo parecía truncar tras a chegada do PP á Xunta e a súa freada ao proxecto, pero este foi retomado e inaugurado en 2015. Con todo, a idea inicial quedou no recordo e ao final o que ía ser un centro de referencia acabou ofrecendo menos camas e menos servizos dos previstos. A nove anos da súa inauguración, o Consello de Contas daba a coñecer que o centro acabou arroxando un sobrecusto de 470 millóns de euros
A CRTVG vive un novo episodio de incerteza ante o anteproxecto de lei que o goberno autonómico quere sacar adiante para a súa xestión. O temor a que as categorías profesionais desaparezan ou que o obxectivo principal, a consolidación do galego como lingua vehicular dentro dun medio de comunicación, tamén se vexa afectado. Por outra banda, non desaparece o temor a un control moito máis directo desde a presidencia autonómica
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, destacou do premiado ser un "histórico correspondente da Rexión e experimentado xestor cultural no Concello de Celanova".
Subliña que "estaban asinados na Mesa Sectorial e publicados no DOG" para pagar a "actividade máis penosa" no Sergas
Porque sen a cobertura dunha maioría absoluta parlamentar, dun regulamento feito a medida e unha prensa subvencionada que magnifique os logros e oculte os recorrentes erros e trolas -como sucedía en Galicia- o señor Feijoo camiña no escenario político español, tal e como sinalaba nun artigo anterior neste mesmo medio, lixeiro de equipaxe. Así o demostran, a pesar do curto espazo de tempo transcorrido dende o seu nomeamento como portavoz do Partido Popular (PP), os recorrentes e gordos patinazos, como por caso reclamar unha baixada de impostos cando ninguén, nin sequera o FMI, o defende, ignorar que os traballadores fixos descontinuos non computan como desempregados, confundir a prima de risco cos tipos de xuro, mentir sobre o número de afiliados a seguridade social e sobre a reforma educativa, descoñecer que causa a actual inflación, ignorar a excepción ibérica aprobada pola Comisión Europea para os prezos da enerxía..etc.Uns patinazos que reflicten un comportamento frívolo e impropio dun portavoz da oposición, pero que de continuar contribuirán tanto a cuestionar o seu liderado no Partido Popular (PP) como a fortalecer a Vox. El Presidente del Paritdo Popular - Alberto Núñez Feijóo
Todo isto sen importarlles os custos que esta estratexia supón para o pobo ucraíno (a día de hoxe: 6,6 millóns de persoas refuxiadas, 4.000 civís mortas e 4.600 feridas), pero tamén para Europa.Ademais, parece non importarlles situar ao mundo ao bordo dun conflito nuclear que sería definitivo: canto máis se prolongue a guerra, máis difícil será evitalo.Algo que non parecen ter moi claro nin o nin, por suposto, o PPdeG, quen se preocupou máis por "meterlle un gol" ao BNG con esta iniciativa parlamentaria, aproveitando as súas ambigüidades, que de reclamar a paz para Ucraína.Neste marco resultaría desexable que, si estamos polo fin da guerra en Ucraína, apostouse máis pola negociación e a diplomacia que pola guerra.
Un partido que aproveita a súa condición de maioría absoluta para crear un escenario, claramente explicito no citado regulamento, no que o debate político tanto favoreza descaradamente o lucimento persoal do Presidente da Xunta canto lle dificulte a oposición aos seus labores de fiscalización da acción de goberno e de confrontación das distintas alternativas.
A pesar dos intentos de censurar e ocultar os feitos aos galegos e ás galegas podemos saber que en Galicia moitas das residencias de maiores están nun estado lamentable desde o punto de vista da atención aos usuarios: practicamente a metade dos mortos por coronavirus tiveron lugar nas residencias de maiores.
A Mesa do Congreso aceptou a constitución do Grupo Plural que propuxeron oito partidos minoritarios como fórmula para poder fuxir do Grupo Mixto, de forma que este quedará dividido en dous e ambos poderán realizar o seu labor parlamentario de forma máis operativa.
O Congreso apoiou este martes a tramitación parlamentaria dunha proposición de lei do Parlamento galego para traspasar á Xunta a Autoestrada de Peaxe AP-9, pero non foi por unanimidade xa que Cidadáns desmarcouse ao considerar que se trata dun "agasallo electoralista".
O BNG critica a "falta de respecto" a as vítimas e En Marea acusa a 'populares' e socialistas de "encubrirse mutuamente"
Feijóo asegurou que lle "repugnan" e que lamenta as "corruptelas descubertas" no Partido Popular. "É evidente que no seo do Partido Popular producíronse graves erros de control, por iso hai un extesorero condenado e varios alcaldes condenados", manifestou.
O grupo parlamentario rexistrou unha proposición para controlar a publicidade enganosa, os servizos dos centros socio-sanitaros e o intrusismo laboral.
A oposición censura un "recorte de dereitos" e as "desigualdades demográficas" ás que aboca.
O Goberno rexeita poñer datas para a "reforma pendente" do financiamento autonómico.
Piden "un trampeo masivo" na primavera que permita capturar futuras raíñas fundadoras
O propio Parlamento de Galicia quixo saír da súa sede, e no Liceo de Ourense, recuncho amado de Casares, organizou un acto entrañábel, que se encheu de amigos de diferentes pensamentos e ideoloxías.