A guerra de Ucrania e as miserias da política partidista

Manoel Barbeitos
Economista

Hai uns días produciuse un feito no Parlamento galego que puxo en evidencia ata onde poden chegar as miserias da política partidista cando os tres grupos políticos da Cámara (PPdeG, BNG, PSdeG-PSOE) non foron quen de poñerse de acordo cunha resolución sobre a guerra en Ucraína.


Como adoita ser normal, neste tipo de desacordos uns votáronlle a culpa aos outros sen, aparentemente, preocuparse da imaxe externa que reflectían do Parlamento galego, ao aparecer, diante da opinión pública, estaban máis interesados por descualificar ao contrario que por chegar a un acordo.


Non descubrimos nada se sinalamos que na posición política do BNG sobre a guerra en Ucraína pesa en demasía a presenza da UPG, unha organización que se define como comunista ("un partido comunista patriótico") e que todo apunta a que segue mirando a Rusia cos ollos da Terceira Internacional ( Kominter).


Unha mirada que supón situar sempre á OTAN e aos Estados Unidos, mesmo á UE, no lado malo da historia. Unha carga ideolóxica que neste caso impídelle aceptar que o primeiro e grande responsable da guerra en Ucraína é o Goberno ruso, pois preside un ditador como Putin, quen está cometendo unha acción criminal, un crime de guerra.


Unha posición, de condena dunha invasión criminal, que a moitos si nos permite, ao tempo, ser contrarios á estratexia adoptada polos Estados Unidos e a OTAN que, como está cada vez máis claro, non buscan unha saída diplomática ao conflito, senón prolongala guerra. Así, poderán debilitar a Rusia e conseguir a súa derrota total, "no campo de batalla". Todo isto sen importarlles os custos que esta estratexia supón para o pobo ucraíno (a día de hoxe: 6,6 millóns de persoas refuxiadas, 4.000 civís mortas e 4.600 feridas), pero tamén para Europa.


Sen importarlles situar ao mundo ao bordo dun conflito nuclear que sería definitivo: canto máis se prolongue a guerra, máis difícil será evitalo.

Algo que non parecen ter moi claro nin o PSdeG-PSOE  nin, por suposto, o PPdeG, quen se preocuparon máis por "meterlle un gol" ao BNG con esta iniciativa parlamentaria, aproveitando as súas ambigüidades, que de reclamar a paz para Ucraína.


Neste marco resultaría desexable que, si estamos polo fin da guerra en Ucraína, se apostara máis pola negociación e a diplomacia que pola guerra. Tamén que se apostara pola paz, e non só en Ucraína, senón tamén no Iemen (2 millóns de nenos e nenas enfróntanse a unha fame negra), Siria, Iraq, Afganistán, Etiopía, Libia.... en todo o mundo.


532191

Arquivo - Un grupo de refuxiados ucranianos na súa chegada desde un autobús con 47 personas ucranianas, a 17 de marzo de 2022, en Santiago de Compostela.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE