O xornalista Antonio Piñeiro recibe o Premio de Xornalismo Literario Carlos Casares 2023

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, destacou do premiado ser un "histórico correspondente da Rexión e experimentado xestor cultural no Concello de Celanova".


|

Premio de Xornalismo Carlos Casares   2
Premio de Xornalismo Carlos Casares. Luís Menor, primeiro pola Esquerda, Antonio Piñeiro, terceiro pola esquerda co Premio, o concelleiro de Cultura, Román Rodríguez e o presidente do Parlamento, Miguel Santalices/Deputación de Ourense

 

O xornalista Antonio Piñeiro Feijóo recibiu este venres o Premio de Xornalismo Literario Carlos Casares 2023, "un xornalista de raza, histórico correspondente da Rexión e experimentado xestor cultural no Concello de Celanova", destacou o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices.

O presidente da Cámara galega mostrouse agradecido por poder formar parte da entrega dun galardón que "honra a memoria dun 'limiao' ilustre, Carlos Casares, un dos grandes nomes da literatura e da cultura galega de todos os tempos", que ademais foi un dos primeiros deputados do Parlamento.

"Que a Casa dos Poetas traspase fronteiras ou que o premio homónimo converteuse nun dos máis prestixiosos de Galicia non é casualidade, senón que é froito do traballo entusiasta de persoas comprometidas como Antonio Piñeiro", manifestou Santalices.

Ademais, lembrou o apoio do galardoado a iniciativas diversas "na procura dun maior achegamento ao mundo lusófono" que, engadiu, "nestas terras sentimos como parte de nós, como unha prolongación natural de Galicia".

Así mesmo, tal e como trasladou o Parlamento nunha nota de prensa, reivindicou que os avances tecnolóxicos "son sempre benvidos, pero, tanto no xornalismo como na vida en xeral, quizais se debería dedicar menos tempo ás redes e máis á conversación sosegada cos nosos interlocutores".

"Sería bo para a nosa saúde mental e tamén para enriquecernos a bagaxe persoal e profesional de cada un de nós", reflexionou.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE