Nais e pais levaban semanas mobilizándose porque as instalacións do CEIP non eran "seguras". Finalmente houbo un primeiro positivo un martes, un mércores outro e, tras o cribado, localizáronse 9 na mesma aula e 11 total no centro, que segue impartindo clases a pesar de que hai dous grupos con positivos.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, formalizou este luns a destitución de Armando Ojea como vicepresidente segundo da institución "por perda de confianza" e nomeou no seu lugar ao outro deputado de Democracia Ourensá (DO) no organismo, Miguel Caride.
Caride culmina a súa traizón a Gonzálo Pérez Jácome aliándose co baltarismo para sacar adiante as contas. Follea, fiel ao alcalde, votou en contra e o PP en represaría quitaralle a Vicepresidencia provincial. Cidadáns tamén se suma ao carro de Baltar e apoia os orzamentos, o que na práctica afasta calquera indicio de moción de censura na Deputación.
Rafa Villarino está aberto a negociar co PP un pacto para desaloxar a Gonzalo Pérez Jácome da alcaldía. Así o confirmou esta tarde o líder do PSOE en Ourense en diálogo con Galiciapress.
No complexo hospitalario de Verín son oito os traballadores afectados e todos eles pertencen á unidade de hospitalizados por coronavirus.
Existen muchos ejemplos pero cada día el docente tiene que diseñar una sorpresa nueva se quiere mantener la atención y el interés.
Ucha é persoal de confianza de Jácome e, en teoría, debería asumir esta semana a acta dun concelleiro de DO que dimitiu. De aceptar a acta e sumarse ao grupo de Jácome, o Concello podería funcionar cun mínimo de normalidade. Con todo, a rumorología apunta a que se podería ir cos cinco edís críticos. Se así fóra, Jácome podería caer sen a intervención do PP pois PSOE, Cs, BNG e críticos de DO sumarían 14 concelleiros.
A Xunta alude á actividade dos incendiarios para xustificar a vaga de incendios que está a arrasar a provincia. A gravidade dos lumes é tal que as brigadas teñen que recorrer a plantar lume para combater as chamas de noite. As choivas que están a empezar a caer na costa poden ser a salvación, aínda que aínda non chegaron ao castigado suroeste galego.