O PSOE de Ourense aberto a negociar co PP unha moción de censura para desaloxar a Jácome


Rafa Villarino está aberto a negociar co PP un pacto para desaloxar a Gonzalo Pérez Jácome da alcaldía. Así o confirmou esta tarde o líder do PSOE en Ourense en diálogo con Galiciapress.


|

Rafa Villarino está aberto a negociar co PP un pacto para desaloxar a Gonzalo Pérez Jácome da alcaldía. Así o confirmou esta tarde o líder do PSOE en Ourense en diálogo con Galiciapress.


Rafa rodriguez villarino


Rafael Villarino


Jácome tomou aire ao confirmarse que o novo edil Telmo Ucha manterase fiel ao líder localista. A alma máter de Democracia Ourensá dispón así de tres edís, o mínimo para constituír a xunta de goberno e ir sacando adiante os asuntos de trámite. 


Ademais, ao asegurarse Jácome o voto do seu asesor Ucha, a única moción de censura posible pasa por un pacto entre PP e PSOE. Só esta heterodoxa combinación suma os imprescindibles máis de 14 concelleiros, ao non poder participar os cinco críticos de Democracia Ourensá DO nunha moción, debido á lei antitransfuguismo.


Que futuro lle ve por tanto o líder da oposición ao Concello de Ourense?


Villarino considera lexítimo o plan de alcalde, apoiarse no par de edís leais que quedan en DO para aguantar o día a día e despois buscar pactos puntuais coa oposición para grandes temas. Agora ben, o socialista advirte ao alcalde que, na práctica,  tentar gobernar a terceira cidade de Galicia con só tres concelleiros é imposible.


Pregúntaa clave, por tanto, é se o PSOE está disposto a negociar co PP de Ourense un pacto para botar a Jácome. Villarino insiste en que desde que estalou a guerra civil en Democracia Ourensá sempre explicaron que están dispostos a negociar con todos. De feito, lembra que acudiron a unha chamada do Bloque para tal fin, á que di non acudiu o PP.


Onte, Xosé Manuel Baltar indicou que unha moción de censura co PSOE é algo que está "sobre a mesa". Iso a pesar dos seus coñecidos rozamentos con Villarino, quen encabeza a lista máis votadas e quen, en teoría, debería substituír a Jácome.


De "obviedad " tacha Villarino a aseveración de Baltar. O socialista indica que por agora non hai ningún contacto formal co PP, pero insiste en que os socialistas negociarán con todos. O obxectivo, que goberne a lista máis votada, que é a socialista.


Baixo que condicións, cales son os mínimos que aceptaría o PSOE para unha moción de censura? O mandatario do PSdeG evita entrar en detalles, argumentando que non lle corresponde a el, senón ao conxunto do partido, definir as bases para unha eventual negociación. 


Sobre o conflito interno de DO, Villarino non toma partido. Di comprender que Jácome considere traidores aos cinco edís que o abandonaron, pero tamén indica que os críticos teñen dereito a coñecer a información das contas do partido que reclaman. 


O quebracabezas ourensán vaise aclarando. Hoxe Cidadáns insistiu en facer de moderador das negociacións entre socialistas e conservadores. Jácome burlouse da proposta, lembrando que o líder laranxa Araújo abandonou o PP non fai tanto.




QUE PODE SACAR BALTAR?

A cuestión crave é saber se o PPdeG está disposto a levantar a un socialista á alcaldía. O PP da cidade de Ourense non é homoxéneo. Está o bando máis próximo a Jesús Vázquez - o senador, concelleiro ex-alcalde e ex-conselleiro-  en teoría máis proclive polo menos a dialogar para sacar á urbe da lameira. 


Con todo, tamén está o bando que aínda controla o baltarismo, representado polo concelleiro Jorge Pumar Tesouro. É difícil concibir que a dinastía ourensá permita a moción de censura, polo menos sen sacar algo a cambio.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE