Vestas, que botou a 115 galegos ao pechar a fábrica de Viveiro, pide un parque eólico na Ribeira Sacra
A promotora do parque eólico Ferroedo, Ferroedo Eólica S.L.#U., é unha filial vinculada á multinacional danesa Vestas, compañía que en 2021 pechou a súa única planta de fabricación en Galicia, deixando sen emprego a 115 traballadores en Chavín, Viveiro, Lugo. É a mesma provincia onde agora pretende executar un parque eólico con máquinas que agora produce en China e Arxentina. Os veciños críticos han reunido máis de 1.000 firmas en contra.
A implicación de Vestas no proxecto de parque de oito aeroxeradores en plena Ribeira Sacra, unha das zonas de maior valoro paisaxístico e ambiental do país, reaviva o debate sobre o modelo eólico de Galicia onde proliferan os parques eólicos pero escasean as industrias para a súa desarrolo, fabricación e mantemento.
A planta de Vestas en Chavín (Viveiro) estaba dedicada á produción de xeradores eléctricos para aeroxeradores e era a única fábrica industrial da multinacional en Galicia. O seu peche, a finais de 2021, supuxo a perda directa de 115 empregos na Mariña lucense. Desde entón, a presenza de Vestas na comunidade limitouse a contratos de subministración, instalación e mantemento de parques eólicos para distintas enerxéticas, sen actividade fabril propia.
O proxecto Ferroedo tramítase nos concellos de Bóveda e O Saviñao (Lugo) e inclúe a instalación de oito aeroxeradores cunha potencia instalada de 36 MW, unha potencia evacuable de 33,6 MW e unha produción neta anual estimada de 93,6 GWh, cun orzamento de execución que supera os 39 millóns de euros.
As infraestruturas asociadas —especialmente a liña eléctrica de evacuación de case 30 quilómetros até Nogueira de Ramuín (Ourense)— afectarían tamén aos termos municipais de Monforte de Lemos e Pantón, ampliando o impacto real máis aló da localización formal dos aeroxeradores.
Todo iso, lembran desde a asociación, Pacto Fronte Eólicos., nun territorio integrado na Ribeira Sacra, declarado Ben de Interese Cultural, Reserva da Biosfera e aspirante este ano a ser recoñecido como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, onde a paisaxe e a calidade ambiental son claves para o viñedo e o turismo
A asociación Pacto Fronte a Eólicos informou da presentación de máis dun milleiro de alegacións contra o estudo de impacto ambiental do proxecto Ferroedo, pondo o foco nos erros, omisións e efectos acumulativos do parque e da súa rede de evacuación sobre a Ribeira Sacra. Entre os seus principais argumentos destacan a saturación eólica da zona, xa rodeada de parques en funcionamento ou en tramitación, e o risco dun impacto acumulado moi elevado sobre o territorio, a paisaxe e o modo de vida rural.
O colectivo acusa os concellos de Bóveda e O Saviñao de opacidade, sinalando que se negou información pública aos veciños interesados. A isto súmase unha grave acusación sobre os contratos privados: afirman que se están ofrecendo instalacións de baterías de litio aos propietarios de terreos, a pesar de que este elemento non aparece reflectido no proxecto oficial sometido a exposición pública.
As alegacións inclúen tamén a presenza na zona de especies en perigo de extinción como o miñato real (Milvus milvus) e o aguilucho pálido, para as que os aeroxeradores e as liñas eléctricas supoñen unha causa relevante de mortalidade. Colectivos ecoloxistas como ADEGA-Lugo subliñan que na contorna do proxecto existen dormideros invernais destas aves e que o estudo non avalía con suficiente rigor este risco nin o impacto sobre turberas e zonas húmidas con valor na depuración natural da auga.
A Xunta mantén aberto o procedemento administrativo e deberá resolver tras estudar as alegacións.
En Galicia, Vestas, tras o seu peche da factoría en viveiros, está centrada principalmente en ofrecer servizos a outras empresas, principalmente para a repotenciación de parques eólicos existentes.
O proxecto máis destacado é o parque eólico Somozas, na Coruña, onde asinou un contrato de 46 MW con Naturgy que inclúe a subministración e instalación de sete aeroxeradores V150-6.0 MW e dous V110-2.2 MW, xunto cun contrato de operación e mantemento de dez anos. A entrega de turbinas estaba prevista para finais de 2025 e a posta en marcha para o segundo trimestre de 2026.
Ademais do proxecto Somozas, Vestas mantén en Galicia actividade de operación e mantemento de parques xa instalados, e segue contratando persoal técnico na rexión para traballos en parques eólicos.
A produción que facía Vestas en Viveiro —xeradores para aeroxeradores terrestres de 2 MW e paneis de control para turbinas mariñas— se deslocalizó principalmente cara a megafábricas en China e Argentin, segundo denunciaron os sindicatos durante o conflito laboral. En España, Vestas concentrou toda a súa fabricación na súa única planta restante, a de Daimiel (Cidade Real), onde ten uns 800 empregados.
O máis rechamante do caso é o paradoxo que sinalou a prensa galega: desde o peche de Viveiro en decembro de 2021, a Xunta autorizou ou tramitou 33 novos parques eólicos con máquinas de Vestas en Galicia, o que supón que a empresa deixou de fabricar aquí pero seguiu —e segue— vendendo os seus aeroxeradores para os montes galegos.
Escribe o teu comentario