Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.
Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.
Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).
Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.
Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.
Din que cando algo é unha sorpresa non se pode contar. Deixaría de ser sorpresa. Por iso no título de hoxe existe unha pequena contradición que ben pode chamar a nosa atención. Unha sorpresa non se espera, e se alguén a coñecese, facilmente podería ser descuberta e estragada. A sorpresa é un recurso que os mestres e profesores empregan con periodicidade cos alunos. Sempre é coma un premio ou incentivo para que os nenos ou mozos estean motivados a se esforzar por un obxectivo concreto. Existen moitos exemplos pero cada día o docente ten que deseñar unha sorpresa nova se quere manter a atención e o interés. Non podo esquecer a un dos grandes mestres que tivo esta cidade das” Burgas desfeitas”, na escola da Anexa, a D. José G. Caseiro, que cada día traía unha desas sorpresas, e que dinamizaba as clases con poemas, cantigas, frases e refráns etc. E todo isto ten moito que ver co espectáculo que estamos a observar. Vaiamos por partes.
A sorpresa esperada foi cando nos meses de verao pouco se fixo para prepararnos para o outono. Nen as Comunidades Autónomas tomaron medidas, reforzando o persoal sanitario,nen nos colexios e institutos invertiron os meses de verán nun traballo útil
No periodo de confinamento desde o 14 de marzo ao 21 de xuño de 2020, houbo moita incertidume e dor polo ataque do SARS- COV- 2. A todos nos pillou por sorpresa. Porén a sorpresa esperada foi cando nos meses de verao pouco se fixo para prepararnos para o outono. Nen as Comunidades Autónomas tomaron medidas, reforzando o persoal sanitario,nen nos colexios e institutos invertiron os meses de verán nun traballo útil. Así, logo apareceron os surtos do virus e para todos foi unha sorpresa esperada. E nesas estamos sen saber ben como vai acabar todo isto.
O que primeiro podía ser “letal para a cidade” transformouse en “ideal”, con tal de gobernar. E a sorpresa que todos esperábamos, era que o pacto rachara en calquera momento despois das eleccións autonómicas
Mudando radicalmente de tema e centrándonos no Concello de Ourense, a sorpresa xurdiu cun Alcalde que fixo unha campaña agresiva,( aproveitando o bloqueo existente), cun partido político que foi escalando, pouco a pouco, con risos e parodias, nun canal de televisión local. O que primeiro podía ser “letal para a cidade” transformouse en “ideal”, con tal de gobernar. E a sorpresa que todos esperábamos, era que o pacto rachara en calquera momento despois das eleccións autonómicas. E nesas seguimos.
Non quero imaxinar ningunha outra sorpresa esperada. Normalmente feden e son difíciles de soportar, ao perder a súa esencia innata. Pero por otra parte, pensándoo ben, ( como fan os que teñen máis experiencia), os experimentos sin control poden explotarnos na faciana e deixarnos un tanto tullidos, e iso sí que sería unha sorpresa das boas. Contan que cando Edison inventou a bombilla incandescente, aconteceu de súpeto un incendio no seu laboratorio. Non quedou nada de nada, e seica díxolles aos seus: “ ¡a que nunca habíais visto un incendio tan grande!”. Esperemos non velo na nosa cidade, nen nos nosos montes, nen noso país.
Escribe o teu comentario