A Organización Mundial da Saúde (OMS) elevou este luns a ‘Alta’ a ameaza internacional polo Coranavirus de Wuhan. Con todo, por agora, todos os pacientes que en España foron sometidos a probas deron negativo nas análises. O último deles en Cataluña.
A enfermidade, orixinaria da cidade chinesa de Wuhan, xa causou máis dun centenar de mortes segundo as cifras manexadas polas autoridades do país asiatico, que mantén en corentena a máis de 40 millóns de cidadáns chineses.
Como proba remite un vídeo no que nove pacientes en cadeira de rodas e unha nunha padiola esperan nos corredores do centro hospitalario do SERGAS.
Desde o SERGAS confirman a primeira morte por gripe mentres advirten que o pico da enfermidade aínda non chegou a Galicia, mentres que Asturias ou Cantabria xa están en “alerta vermella” pola enfermidade, que xa ten a categoría de “epidemia”.
A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) advirte que no día de Reyes foi atendido no complexo hospitalario coruñés unha persoa que presentaba un "cadro viral severo" co diagnostico de Gripe A. Con todo, desde o CHUAC informan que non hai que crear alarma social por este tipo de diagnósticos xa que a Gripe para é "desde 2009" o "serotipo de gripe máis común".
Un total de 290.396 persoas recibiron en Galicia a vacina antigripal desde o inicio da campaña o pasado 22 de outubro, en cifras que supoñen un incremento en 20.426 persoas en comparación co mesmo período do ano anterior, segundo informou a Consellería de Sanidade.
AGEFEC critíca a xestión do SERGAS sobre o traslados de enfermeiros, que pode interferir na campaña de vacinación antigripal.
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos de Galicia propón á Xunta unha serie de medidas para evitar o colapso nas Urxencias Hospitalarias durante a próxima epidemia de gripe.
Polo menos un Colexio oficial de farmacéuticos, o de Pontevedra, solicitou á Xunta poder administrar a vacina contra a gripe nas farmacias. Agora, unha asociación de enfermeiros critica duramente esta petición advertindo de "lucro privado".
Todos os falecidos, que suman 130 durante este inverno, tiñan indicado poñerse a vacina. Con todo, case a metade deles non chegou a vacinarse.