Máis vacinados contra a gripe que o ano pasado
Un total de 290.396 persoas recibiron en Galicia a vacina antigripal desde o inicio da campaña o pasado 22 de outubro, en cifras que supoñen un incremento en 20.426 persoas en comparación co mesmo período do ano anterior, segundo informou a Consellería de Sanidade.
Un total de 290.396 persoas recibiron en Galicia a vacina antigripal desde o inicio da campaña o pasado 22 de outubro, en cifras que supoñen un incremento en 20.426 persoas en comparación co mesmo período do ano anterior, segundo informou a Consellería de Sanidade.
A campaña de vacinación está a ser un éxito
A Consellería de Sanidade ofrece a vacina a todas as persoas de 60 ou máis anos e a os menores desa idade pertencentes a os grupos de risco, como os que teñan patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, encocrinas..., con cancro e outras inmunodeficiencias, con obesidade mórbida, con disfunción cognitiva...
Tamén entran nos grupos de risco os que conviven con persoas maiores antes mencionadas, o persoal sanitario e os traballadores esenciais para a comunidade.
PLAN DE CONTINXENCIA
O SERGAS conta en cada unha das xerencias sanitarias con plans de continxencia ante as descompensacións cardiorrespiratorias que se poidan derivar dos cadros catarrales ou gripais nos meses de inverno.
Segundo informa Sanidade nun comunicado os plans son elaborados por un equipo multidisciplinar de profesionais hospitalarios de cada área sanitaria, e buscan dar resposta ás situacións de incremento da demanda asistencial ou de ingreso hospitalario, por un brote de gripe.
Nos plans de continxencia, que xa foron actualizados por cada unha das EOXIS, descríbense procedementos alternativos á orde habitual da organización para permitir ao máximo o normal funcionamento segundo crezan as necesidades asistenciais.
Contemplan tres aspectos craves: medidas preventivas, para limitar a posible incidencia de casos, o que pasa pola vacinación tanto da poboación diana como dos grupos profesionais de especial impacto; medidas de actuación ante o incremento da demanda de hospitalización e reforzo do persoal.
Nos plans de continxencia participan os diferentes servizos hospitalarios e, ademais, os documentos están asinados por todos os responsables destes servizos en cada área sanitaria, desde Urxencias a Pneumoloxía, pasando por Microbiología, Laboratorio de análises clínicas, Medicina Preventiva ou Medicina Interna.
Escribe o teu comentario