É mellor vacinarse contra a gripe dúas semanas antes de que comece a epidemia

 O SERGAS informou que o pico da epidemia anual está por chegar, polo que aínda estamos a tempo.


|

Lucía Alvela, doutora en Medicina Interna do Hospital HM Rosaleda de Santiago  recomenda vacinarnos “antes de que o virus comece a propagarse”, xa que a vacina empezará a ser eficaz ás dúas semanas da inmunización. O SERGAS informou que o pico da epidemia anual está por chegar, polo que aínda estamos a tempo.



Lucia albela

Lucía Alvela 


Desgraciadamente, España segue moi lonxe dos obxectivos establecidos pola OMS. Son moitas as persoas que aínda desconfían da eficacia desta vacina ou restan importancia a pesar de que pode carrexar graves consecuencias e mesmo poñer en risco a vida. 


MENOS COBERTURA DE VACINAS DA RECOMENDADA

A OMS establece unha cobertura mínima de vacinación do 75% para a poboación maior de 65 anos e no noso país ningunha comunidade autónoma alcanzou o pasado ano o 60%. “Trátase dun asunto preocupante que nos debería facer reflexionar, xa que a única ferramenta eficaz para o control desta enfermidade estacional é a vacinación”, insiste a Dra. Alvela.


Alvela recomenda a vacinación a dous grandes grupos. Sobre todo,  persoas que teñen un alto risco de complicacións en caso de padecer a infección e persoas que, pola súa actividade profesional ou persoal, poidan transmitir a gripe ao grupo anterior.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE