A mortalidade por gripe este ano en Galicia é maior que a mortalidade por coronavirus declarada en China

|

Ata a data a Xunta fala de 987 casos diagnosticados e de 26 falecidos, o que un índice de mortalidade do 2,6%. En China, os últimos datos da OMS indican 24.363 casos confirmados de coronavirus e 491 mortos, unha mortaldade do 2%.


Un total de 26 persoas con gripe faleceron en Galicia na actual campaña invernal por este virus e, delas, 12 morreron como consecuencia desta doenza, mentres que as outras 14 presentaban este problema de saúde pero os seus decesos non foron consecuencia súa.


Coronavirusimagenrecurso



CASE 40.000 VACINAS MÁIS
Os datos, que semanalmente actualiza a Consellería de Sanidade os venres, foron avanzados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello, na que tamén informou de que se vacinaron contra a gripe este ano 605.040 persoas, 37.632 máis que na campaña anterior.

"Estamos a conseguir sensibilizar con maior éxito á poboación", destacou o mandatario autonómico, quen lembrou que atopámonos no "pico" do virus e quen adiantou que a previsión é que baixe en próximos días. Nesta liña, destacou que aumentaron as vacinacións en todos os grupos de risco.

Desde a semana 40 do ano 2019 ata este mércores, atendéronse en Galicia un total de 987 casos, dos que 80 requiriron asistencia na UCI. Doce persoas morreron como consecuencia da gripe e outras 14 faleceron pero non consecuencia dela.

DATOS DA CAMPAÑA
A campaña de vacinación desenvolveuse entre o 14 de outubro e o 28 de decembro pasado, cunha duración de 11 semanas. Segundo os datos deste informe, presentado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ante o Consello, houbo un incremento do 7 por cento no número de doses aplicadas.

Aos maiores de 65 anos administráronselles 410.539 dose, 16.097 máis que na campaña anterior. Isto supón unha cobertura do 60,39 por cento, 1,77 puntos máis respecto ao ano anterior.

Nas persoas de máis de 75 anos alcanzouse o obxectivo do 65 por cento de cobertura, chegando ao 67,29 por cento, o que significa que se supera en máis dun punto a alcanzada na tempada anterior.

No subgrupo de 70-74 anos, rexístrase un incremento con respecto ao ano anterior dun punto e medio, alcanzando unha cobertura do 58,71 por cento, mentres que nas persoas de 65 a 69 anos, rexistrouse o maior ascenso con máis de dous puntos e medio respecto ao ano anterior.

A cobertura para mulleres embarazadas, un dos prioritarios, foi do 64,83 por cento, con 7.630 dose administrada, vacinándose 1.122 mulleres máis que na campaña anterior. Estas cifras, sinala a Xunta, indican que se superou cunha ampla marxe, case de dez puntos, o obxectivo proposto do 55 por cento.

O porcentaxe de traballadores sanitarios vacinados alcanzou o 52,85 por cento, o que supera en case 3 puntos o 50 por cento establecido como obxectivo e en case 7 puntos a cobertura de 2018, cun 46,49 por cento. En 2017 conseguiuse unha cobertura do 38,85 por cento e en 2016, un 33,45 por cento.

En total, vacináronse 17.681 profesionais nesta campaña, o que supón un aumento de en a vacinación de 2.784 profesionais máis que o ano pasado. Os datos mostran a consolidación dunha tendencia crecente, estima a Xunta.

PLANS DE CONTINXENCIA
O Sergas mantén activados os plans de continxencia para atender o incremento da demanda asistencial ou aumento da necesidade de ingreso hospitalario, asegura a Xunta, con motivo da actividade gripal. O obxectivo é "establecer unha coordinación" entre servizos e recursos de atención primaria e hospitalaria", así como con Urxencias Sanitarias de Galicia-061, para optimizar a atención á gripe e as súas posibles complicacións.

Os plans recollen medidas para evitar as consecuencias máis graves da gripe, para a atención dos picos de demanda nos distintos centros asistenciais e para os protocolos que se deben seguir tanto en atención primaria como hospitalaria.

EQUIPAMENTO SANITARIO
Sen deixar atrás a sanidade, Feijóo tamén informou tras a reunión do seu goberno da licitación que levou a cabo en 2019, por valor de 8.591.000 euros, para mellorar a dotación nos centros de saúde de equipamento sanitario para a Atención Primaria.

Esta actuación ten como obxectivo renovar e dotar os centros de saúde de equipamento sanitario e electromédico, así como de renovación de mobiliario dos centros de saúde, para ofrecer unha mellor cobertura sanitaria á poboación.

Así, adquiríronse 475 electrocardiógrafos, cun valor de licitación de 1.954.150 euros, que permitirán a realización de diagnósticos máis precisos. Ademais, o novo equipamento xera datos en formato dixital, posibilitando o acceso directo ás probas do especialista en cardioloxía e que repercutirá nun menor índice de derivación de pacientes á atención hospitalario.

O Sergas tamén adquiriu 261 desfibriladores licitados en 1.421.145 euros e 27 ecógrafos por un importe de 653.400 euros. A este material hai que engadir 279 holter de presión arterial e 26 retinógrafos, por 503.360 euros.

Mentres, un total de 2.609.345,83 euros do plan foron destinados á renovación do mobiliario. O obxectivo foi a reposición de todo tipo de mobiliario xeral e clínico en función das necesidades de cada área sanitaria. Repoñerase o mobiliario que sexa preciso, atendendo ás recomendacións de saúde laboral, incluíndo a substitución de mesas de traballo, de reunións, vitrinas e cadeiras.

Con respecto a mobiliario clínico, abordouse a substitución ou mellora de padiolas, dispensadores, frigoríficos ou vitrinas de material médico, entre outros. Así, 985.122,83 euros foron para mobiliario clínico e 1.624.223 para xeral.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress