Fai falta remontarse ao cinema de Pedro Lazaga e ás comedias de Paco Martínez Soria para ver unha situación igual en España co turismo estranxeiro, porque as cifras este 2020 son as de 1969. Aínda que é certo que o contexto é diferente: por entón España trataba de abrirse ao mundo nos últimos anos da ditadura; hoxe é un dos países que máis turismo recibe.
Catro colectivos ecoloxistas da comarca de Bergantiños denuncian que a construción destes proxectos eólicos vai en contra do Decreto 238/2020 que establece unha blindaxe para “os valores paisaxísticos da área de especial interese paisaxístico do val fluvial do Lourido”.
A Mesa pola Normalización Ligüística participou nun encontro telemático con representantes da dirección xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea.
O Sindicato de Enfermería denuncia lagoas na repartición das máscaras e reclama á Consellería de Política Social que se dote a todas as residencias do material oportuno.