​Monforte de Lemos fai coincidir as oposicións para a Policía Local e provoca o enfado dos opositores

O Concello de Monforte de Lemos vén de anunciar a data do exame para o proceso selectivo para unha das tres ofertas para cubrir as vacantes na Policía Local monfortina. O propio rexedor, José Tomei, recalca que é moi difícil evitar este tipo de solapamentos.


|

O Concello de Monforte de Lemos vén de anunciar a data do exame para o proceso selectivo para unha das tres ofertas para cubrir as vacantes na Policía Local monfortina. O propio rexedor, José Tomei, recalca que é moi difícil evitar este tipo de solapamentos.


Con todo, os máis de 300 aspirantes a ese posto terán que elixir entre o exame da localidade lucense ou o convocado pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), que previamente fixara os seus test, onde ofertan case un centenar de prazas, na mesma data que agora marcou o goberno de Monforte.


Policia local

Opositores denuncian a coincidencia das datas dos examenes a policía local | Foto: EP


A coincidencia das datas impedirá aos aspirantes asistir ás dúas convocatorias. Como traslada un dos afectados a Galiciapress, mentres que o exame teórico organizado polo goberno municipal realizarase o 26 de febreiro ás 10 horas, o exame da AGASP terá lugar o mesmo día en Silleda só media hora despois nun proceso no que hai inscritas preto dun milleiro de persoas.


O enfado dos opositores é contra o Concello de Monforte, que o 9 de febreiro anunciou a data da proba, facéndoa coincidir coa da Academia Galega de Seguridade Pública, que xa fixou a data do exame o pasado 12 de xaneiro. “Que sentido ten isto? Hai algún interese en facelas coincidir? A AGASP oferta 94 prazas e Monforte tres. Moi poucos aspirantes optarán por presentarse a Monforte”, censura o afectado.


No mesmo sentido, sinala que as taxas que debe abonar cada aspirante “e que queda o concello” son de 18,80 euros, ademais do certificado médico que esixía o goberno local –a diferenza da AGASP- cuxo custo ascende a uns 50 euros.


EXAMES "POR FORZA" NA MESMA ÉPOCA

Cuestionado por este feito, o alcalde de Monfote de Lemos e presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomei, insiste en que é moi complicado non facer coincidir ambos os procesos. “Todos os Concellos que queren contar con novos policías locais teñen que ter en conta cando son os cursos de formación para este persoal que se celebrar na AGASP, asi que os procedementos de selección téñense que celebrar á forza na mesma época”, insistiu. “Non é raro que se produzan coincidencias como esta”.


SOLICITUDE USO

A pesar das explicacións, desde a Federación de Atención á Cidadanía da USO-Galicia tachan o episodio de “despropósito” e lamenta que a coincidencia das datas afecte a tantos opositores tanto a nivel económico como emocional ao ver “frustrados todos os seus esforzos preparatorios ao ser convocados o mesmo día”.



Desde o sindicato emitiron un escrito dirixido ao Concello de Monforte “solicitando que modifique a data de exame, para que os afectados poidan examinarse nos dous procesos selectivos e non limitar aos opositores o dereito de acceso por quenda libre aos corpos da Policía Local”. 


Na mesma liña, desde a Unión Galega de Policías Locais (UGPOL) facilitan a este medios critícalas dunha plataforma de opositores nas que censuran a coincidencia das dúas citas e a imposibilidade de acudir a ambas. “Podería ser de dubidosa ética ou, canto menos de desviación de poder, manter unha data de exame a propósito que existe unha idéntica para proceso idéntico con idénticos aspirantes, resultando que pode haber dúbida razoable que o fin ou fondo do proceso non é seleccionar aos candidatos que máis coñecementos, aptitudes ou capacidades demostren senón aqueles que decidan optar por concorrer a tres prazas fronte ás 94 da convocatoria unitaria”, sinala o colectivo.


Nesa orde, instan ao Concello a delegar o proceso na Xunta e así evitar “custos innecesarios” e destacan o inusual dunha decisión tomada polo propio alcalde do municipio e non polo tribunal do proceso selectivo “, cando o natural é que unha vez constituído o tribunal acorden hora e data para poder estar todos presentes”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE