O Eixo Atlántico receita "innovación e sustentabilidade"​ e abandonar "a especulación" e os "contratos lixo"

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, anunciou que "se abre unha etapa nova" na institución, que agora pretende profundar en "un modelo de economía sostible".

|

Desde o Eixo Atlántico do Noroeste, o secretario xeral, Xoán Vázquez Mao, instou a todas as institucións a abandonar os antigos modelos económicos cando superemos a crise sanitaria.  


"É un momento en que se abre unha etapa nova, unha etapa en que nada vai ser igual que antes; non é un cambio negativo se facemos ben as cousas", recalca Vázquez Mao. 


Xoan Vázquez Mao, Secretario Do Eixo Atlántico.


Vázquez Mao, secretario do Eixo | Foto: Eixo Atlántico


O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, anunciou que "se abre unha etapa nova" na institución, que agora pretende profundar en "un modelo de economía sostible".


Desde Lugo, Vázquez Mao puxo en valor "o cambio estratéxico que se aprobou na Asemblea Xeral --este mércores--, que é un cambio destinado a poñer ás cidades, a través do Eixo, en vanguardia e en liderado".


"É un momento en que se abre unha etapa nova, unha etapa en que nada vai ser igual que antes, isto (pola pandemia) é igual que o que pasou despois da II Guerra Mundial, pero este cambio que vai haber non é necesariamente negativo se facemos ben as cousas", advertiu.


Subliñou que "agora mesmo" a entidade ten "unha oportunidade para apostar por un modelo de economía sostible, por un modelo de economía socialmente xusta e equilibrada".

"Non basear o crecemento económico en especulación, nin en contratos lixo, senón baseado en temas rendibles como a especialización, a innovación ou a man de obra de calidade", expuxo.


En definitiva que o que persegue é favorecer que haxa "unhas cidades que sexan sostibles" e considera que "este tipo de iniciativas van marcar esta nova etapa".

O Eixo Atléntico confórmano 37 cidades, de Galicia e Portugal, ademais de dúas deputacións. A poboación suma máis de sete millóns de persoas, segundo os cálculos do seu secretario xeral.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE