Galicia no Mundial de fútbol? O BNG pide o recoñecemento oficial das seleccións deportivas galegas
O BNG rexistrou unha iniciativa no Congreso coa que insta o recoñecemento oficial das seleccións galegas "para poder participar en competicións de carácter internacional".
Os nacionalistas rexistraron unha iniciativa para que as seleccións galegas participen en torneos internacionais.
Iago Aspas coa selección galega | Foto: RFGF
O BNG rexistrou unha iniciativa no Congreso coa que insta o recoñecemento oficial das seleccións galegas "
para poder participar en competicións de carácter internacional".Tamén expoñen os nacionalistas "dotar" ás federacións deportivas galegas "dos medios e ferramentas xurídicas necesarias" para acceder a ese recoñecemento internacional.
A organización critica a actitude do Goberno central "ao non realizar ningunha acción para que se recoñeza de maneira oficial o labor das seleccións galegas".
"O tecido deportivo galego conta hoxe cun alto nivel que compite e logra premios tanto a nivel estatal como no marco internacional na maior parte das disciplinas. Ademais, en casos como o fútbol galego, conta coa súa propia selección xogando en campionatos europeos e mundiais en que consegue importantes galardóns", relata o Bloque.
Neste sentido, a formación afirma "non entender como é posible que o Goberno continúe poñendo trabas para que as seleccións galegas poidan competir de maneira oficial nos campionatos de carácter internacional".
O deputado Néstor Rego apunta que "outras nacións sen estado están a facelo" e cita a Escocia, Gales e ata territorios como Xibraltar. "Nin a lexislación española nin a europea prohiben a oficialidade internacional das seleccións deportivas de nacións sen Estado", asegura.
Escribe o teu comentario