Máis de medio centenar de escolas participan na xornada de Viaqua polo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Viaqua, da man da Fundación AQUAE, pon en valor o papel das mulleres e as mozas na ciencia cunha webinar á que asistiron alumnas de 51 centros educativos de toda España.
Viaqua, da man da Fundación AQUAE, pon en valor o papel das mulleres e as mozas na ciencia cunha webinar á que asistiron alumnas de 51 centros educativos de toda España.
Na xornada en liña participou a nanotecnóloga galega Tatiana López, que achegou a ciencia a alumnas dos cursos de 2º a 6º de Primaria.
Promoción da webinar | Foto: Viaqua
Esta xornada reafirma o compromiso de Viaqua que vén desenvolvendo desde 2019 a través do programa Aquae STEM, que buca “fomentar as vocacións científico-técnicas entre nenas de educación primaria e incrementar a presenza feminina nestas disciplinas” así como “visibilizar a importancia da igualdade de oportunidades e romper a brecha de xénero en ámbitos como a innovación, a tecnoloxía e a ciencia”.
“A webinar ten como propósito mostrar de maneira didáctica e a través de exemplos, a aplicación da nanotecnoloxía a multitude de produtos do mercado, como lentes con cristais resistentes ás ralladuras, raquetas de tenis, paus de golf, bicicletas ou táboas de surf lixeiras, pero sólidas, ou kits de diagnóstico rápido sen necesidade de esperar aos resultados de analíticas de sangue”, sinalan desde Viaqua.
A nanotecnóloga Tatiana López valora esta inciativa, coa que confía contribuír “a que o día de mañá haxa grandes científicas traballando por facer realidade un mundo moito mellor grazas ao seu esforzo e os seus descubrimentos”.
TEITO DE CRISTAL
De feito, este labor é fundamenta nun país onde o número de mulleres nas carreiras científicas representa menos dun terzo do total e no que só o que só una de cada cinco cátedras universitarias están ocupadas por mulleres.
“Apenas un 25% forman parte do profesorado investigador e aínda atopamos brechas de xénero no acceso ás axudas a recursos humanos e proxectos de I+D+i, segundo as conclusións do último informe Científicas en Cifras, elaborado polo Ministerio de Ciencia e Innovación”, lamentan desde Viaqua.
Escribe o teu comentario