O nacionalista, unha das moitas chaves que abrirán as portas de Moncloa a Pedro Sánchez, atende a Galiciapress para confirmar que o apoio do BNG só está condicionado a que os socialistas respondan de forma “positiva” á propostas que conforman a axenda galega. Ademais, Rego afirma que nas negociacións non entraron a debater uns hipotéticos orzamentos, xa que o acordo debe “limitarse á investidura”. “Non queremos establecer ningún acordo que se poida entender de lexislatura; non temos unhas expectativas moi altas sobre futuras actuacións dese goberno aspectos que para nós son determinantes, como política social, educación…”, declarou o deputado.
O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao (Lugo), José Antonio Zan, avanzou que se está xestando "unha gran mobilización" de "todas as empresas electrointensivas de España", prevista para o mércores 22 de xaneiro en Madrid.
HM Hospitais lembra que os cambios nos hábitos alimentarios nestas datas provoca que, en non poucas ocasións, as persoas alérxicas ou intolerantes a algún alimento consuman produtos que van contra a súa saúde. Ademais, nestas datas, ao consumir máis alimentos novos e variados, maniféstanse alerxias que descoñeciamos.
O cinema Numax de Santiago de Compostela estrea unha película rodada en Guinea Ecuatorial e crítica co réxime de Teodoro Obiang, o ditador máis lonxevo do mundo.
O eslovaco volve estar no punto de mira dos grandes do Calcio, aínda que no Celta descartaran a súa venda hai semanas.
Os empregados de Armesa S.L. (Artesanías Metálicas Santiago) mobilízanse este xoves ás 12 horas no Polígono do Tambre en protesta polo anuncio de cesamento de actividade da empresa de carpintería metálica.
A Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON presentou este martes “consideracións e alegacións á nova documentación emitida pola empresa Cobre San Rafael nos últimos meses” en referencia aos informes presentados pola compañía en 2018.
O sindicato demanda un persoal máis amplo para cubrir de forma satisfactoria todos os servizos que ofrece a nova biblioteca, que triplica en dimensións á anterior.
Un Neno Jesús mutilado xunto aos seus pais, aos que lle faltan varios dedos, son a estampa do Nadal? que se atopan os curiosos que se achegan ao Belén de Ourense, convertida de forma involuntaria na cidade de moda en Galicia.
O mandatario ourensán afirmou nas súas redes sociais e na televisión nacional que o polémico Belén municipal, que custou 18.000 euros, vai manterse "como atracción todo o nadal".
A Mesa do Congreso aceptou a constitución do Grupo Plural que propuxeron oito partidos minoritarios como fórmula para poder fuxir do Grupo Mixto, de forma que este quedará dividido en dous e ambos poderán realizar o seu labor parlamentario de forma máis operativa.