A venda de Lobotka é unha realidade: chegará ao Napoles esta fin de semana
A venda do internacional eslovaco, algo que Galiciapress anunciou antes de abrirse o mercado de fichaxes, farase oficial nas próximas horas e chegará ao Napoles por 20 millóns de euros, máis 4 millóns en variables.
A venda do internacional eslovaco, algo que Galiciapress anunciou antes de abrirse o mercado de fichaxes, farase oficial nas próximas horas e chegará ao Napoles por 20 millóns de euros, máis 4 millóns en variables.
Lobotka deixa o Celta na súa terceira tempada
Fin ao culebrón Lobotka. A saída do centrocampista, que ten programado viaxar este sábado a Roma, consumarase ao longo do día de hoxe. O xogador deixará en caixa 20 millóns de euros –lonxe dos 50 que marcaba a súa cláusula e á que se remitía o Celta de Vigo ao principio- e quedan pendentes 4 millóns que chegarán en función de distintos obxectivos que debe cumprir o xogador no Calcio, liga na que estará os próximos 5 anos se cumpre o seu contrato co club siciliano.
Lobotka, que chego a Vigo hai dúas tempadas e media a cambio de cinco millóns, deixa o club celeste despois de vestir a elástica celtiña en case 100 ocasiones. Coa súa marcha, o Celta perde ao que foi un dos seus alicerces desde que aterrou en Balaídos, onde o seu rendemento foi de máis a menos co paso dos anos. A pesar do seu bajón, Óscar García perde a un home importante e difícil de remplazar.
RECAMBIOS
Agora desde A Sede traballan para contratar a un recambio de garantías. Con todo, a prioridade non é cubrir a baixa de Lobotka, un posto para o que soou con forza Camarasa, hoxe no Crystal Palace pero vinculado nos últimos días co Arabés, escuadra na que rendeu ao seu mellor nivel. Augusto Fernández, un vello coñecido de Vigo e que conta co beneplácito de Óscar García, é en principio o tapado para cubrir a saída do eslovaco.
Augusto Fernández pode regresar ao Celta de Vigo
O obxectivo do conxunto olívico é dar ao técnico céltico un xogador de banda, un perfil polo que suspira desde a súa chegada. Varios foron os nomes que saíron á palestra este último mes, pero sen dúbida o máis ilusionante foi o de Iago Falque, ao que as lesións lle han impedido ser importante no Torino este ano. Aínda que a súa contratación antóllase complicada, en Italia xa o situaron fóra do conxunto turinés, levándoo de volta ao Genoa, equipo co que despuntou.
Con todo, parece que, de saír, Falque preferiría retornar a casa, de onde saíu rumbo ao Barcelona cando aínda estaba en pleno desenvolvemento. Ademais do vigués, Boufal e Carles Pérez tamén esperan na lista de Miñambres, que deberá mover peza nos próximos días.
Escribe o teu comentario