E aínda que ten razón a señora Díaz Ayuso ao afirmar que non foi a contaminación a que a punta de pistola ou armada cunha almofada privou do aire a esas persoas e animais, si foi a contaminación, ese elemento estraño para algún políticos pero que ben pode explicar o cambio climático, a que provocou unha seca de tres anos en Australia que derivou nunha das ondas de incendios máis devastadoras da historia do país ualabí e que xa dura varios meses.
Galicia está unha vez máis ausente na política española. Galicia non ten unha representación política propia tal que sexa quen de facerse oír na actual dinámica política como, por caso, sucede con Cataluña e o País Vasco
O fin do imposto sobre herdanzas, que antes pagaban os patrimonios maiores a 400.000 euros e agora só os superiores ao millón de euros, é outra das novidades fiscais a nivel autonómico para 2020.
Esta mañá o deportivismo foi unha soa voz en Abegondo, onde a afección animou ao persoal herculino, que ten ante si un dos maiores retos da historia do club: evitar o descenso ao fútbol de bronce.
Amancio Ortega, fundador de Inditex, regalou á súa filla un piso na coñecida como ‘milla de ouro’ de Barcelona, no Paseo de Gracia, segundo publica Economía Dixital.
Traballadores e traballadoras da firma coruñesa de procesado e distribución de peixe Isidro 1952 concentráronse ante a factoría que a empresa ten no polígono de Espírito Santo, en Cambre (A Coruña).
2019 terminará este martes baixo o influxo do anticiclón que afecta o conxunto de España e así comezará o ano 2020, con tempo estable, ceos asollados e nubes altas, aínda que con zonas de néboa persistente como no interior de Lugo, e as temperaturas iranse normalizando durante os primeiros días do novo exercicio, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
Galiciapress entrevista a Néstor Rego (1962), deputado no Congreso polo Bloque. O ex-tenente de alcalde de Santiago é unha das chaves que lle falta ao PSOE para a investidura. A transferencia da Autoestrada do Atlántico e o prezo da electricidade para a industria electrointensiva son dúas das súas prioridades.