A gran festa da Cultura Celta xa ten data: Festival de Ortigueira do 16 ao 19 de xullo

O Concello de Ortigueira (A Coruña) presentou este venres, ante os seus veciños, a 42º edición do Festival internacional do Mundo Celta, que terá lugar nesta localidade do norte de Galicia entre os días 16 e 19 de xullo.


|

O Concello de Ortigueira (A Coruña) presentou este venres, ante os seus veciños, a 42º edición do Festival internacional do Mundo Celta, que terá lugar nesta localidade do norte de Galicia entre os días 16 e 19 de xullo.


Cartel do Festival de Ortigueira de 2020

Nun acto desenvolto desde as 20,30 horas, no Teatro de Beneficencia, deuse a coñecer o cartel e a camiseta oficial deste festival, creados ambos por un veciño deste municipio.

O alcalde, Juan Penabad (PSOE), asegurou que "ano a ano, o Festival vai sendo máis coñecido, o que permite conseguir que Ortigueira sexa a capital europea da cultura Celta".

Así, destacou a importancia do Proxecto Runas, que gañaron no ano 2019 a banda de orixe xaponesa Yuki Kojima Band e os galegos Dequenvessendo.

O rexedor socialista tamén destacou a repercusión que ten este festival nas redes sociais, xa que "na actualidade, máis de 30.000 persoas están informadas das novidades do Festival a través das redes, cun incremento de máis de 6.000 seguidores nos últimos dous anos".


CARTEL

En canto ao cartel que ilustrará a edición de 2020, Penabad destacou que "ten a peculiaridade de que parte desde un lugar icónico e moi reconocible lugar da xeografía ortegana". "Está cargado de historia e destacan os nosos recursos naturais e paisaxísticos, que son tamén reclamo para moitos dos visitantes que acoden ao Festival", sinala en alusión ao illote de San Vicente, situado nas proximidades da praia de Morouzos.

En canto ao autor deste cartel, Martín Cal, Penabab destacou "o talento ortegano dun traballo espectacular, cunha técnica e estilo moi diferente á de pasados anos, na que se mestura fotografía e ilustración, cunha precisión e definición, que fai moi complicado diferenciar a realidade coa ficción".

Ademais, o alcalde de Ortigueira destacou que para a cita de 2020 marcáronse como un dos obxectivos "a concienciación ambiental, para conseguir un festival máis responsable, sendo estoutro dos nosos principais obxectivos". Deu tamibén as grazas aos patrocinadores e a todos aquelas persoas que fan posible este evento que cada ano leva a miles de persoas ata o norte da provincia da Coruña.

O DRAGÓN CENTEÁS

Por último, Martín Cal, deseñador do cartel e da camiseta deste ano 2020, explicou o significado e a orixe da obra. "Naceu de representar a esencia do festival a partir das historias que me contaron desde que era un neno", explica este mozo de 24 anos nado en Ortigueira e que traballa actualmente como creativo, practicando varias disciplinas, como a elaboración de murais e escultura.

En canto ao cartel, detallou que quixo plasmar ao dragón Centeás, o cal: "Criouse nas nosas augas, de onde emerxeu do mar para causar estropicios e amargar á nosa xente".

"Grazas a Santa Marta, a nosa fiel patroa, que loitou contra el, hoxe en día este dragón escóndese baixo a sombra da nosa illa, esa illa na que me criei e onde pasei os mellores momentos da miña infancia", valorou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE