Inicialmente, era necesario levala en todo momento. Con todo, o decreto da Xunta que este domingo regulou a corentena da costa de Lugo fixa unha excepción para os alumnos da ABAU. A última hora, a CiUG vese forzada a cambiar de norma e para que haxa igualdade en toda Galicia e, finalmente, non haberá obrigación de levala no momento do exame.
A organización do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira (A Coruña) decidiu cancelar a edición deste ano 2020 debido á crise sanitaria coronavirus.
O Concello de Ortigueira (A Coruña) presentou este venres, ante os seus veciños, a 42º edición do Festival internacional do Mundo Celta, que terá lugar nesta localidade do norte de Galicia entre os días 16 e 19 de xullo.
O vindeiro martes, día 31 de decembro, Renfe pechará a venda presencial de billetes nas estacións de ferrocarril de Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela, unha medida á que a Xunta mostrou o seu rexeitamento.
Un manifesto lido polo irmán e os pais de Yago pregúntase "por que non se achegaron os mesmos medios que noutros casos" máis mediáticos.
O animal salvaxe atacouno por atrás cando reparaba un peche que fora danado noutro ataque.
Yago da Puente Agulló, o mozo de 28 anos desaparecido o 14 de xullo no Festival de Ortigueira (A Coruña), segue desaparecido e polo momento non hai novidades ao redor do seu caso.
Ademais do escaparate que supón o festival, os tres grupos percibirán 1.500 euros e terán a posibilidade de repetir sobre o escenario na edición do próximo ano.