Ortigueira será la capital mundial del folk coa actuación de grupos como Fillas de Cassandra o Capercaillie

A edición deste 2024 celebrarase entre o 11 e o 14 de xullo, ademais, o Concello avanzou unha parte da programación


|

Alberto Gou0301mez Alberto Balboa Marcos Schaal Ana Cartelle Isabel Rego Sofiu0301a Peu0301rez Jaime Ponce Estefaniu0301a Peu0301rez Jorge Fernau0301ndez Valentiu0301n Calviu0301n Rodrigo Lou0301pez Bruno Lozano Festival de Ortigueira 2024
Alberto Gómez Alberto Balboa Marcos Schaal Ana Cartelle Isabel Rego Sofía Pérez Jaime Ponce Estefanía PérezJorge Fernández Valentín Calvín Rodrigo López Bruno Lozano Festival de Ortigueira 2024


O acto tivo lugar ás 20:00 h no Teatro de Beneficencia de Ortigueira. Nel presentouse o cartel oficial do Festival e proxectouse un vídeo co avance da programación de 2024. No acto interviron Valentín Calvín, alcalde de Ortigueira e responsable do Festival; Alberto Balboa, director do Festival; Bruno Lozano, presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira e Jorge Fernández Arteaga, gañador do Concurso de Carteis. Nesta edición o cartel foi seleccionado a través dun Concurso de Carteis no que se recibiron 115
propostas chegadas desde todas partes de Galicia, España e, incluso, outros países. 

 

O xurado, que quere agradecer e destacar o alto nivel das propostas recibidas, estivo formado por:
- Valentín Calvín, alcalde de Ortigueira e responsable do Festival
- Alberto Gómez, músico e directivo da Escola de Gaitas de Ortigueira
- Pablo Rodríguez, licenciado en belas artes e director creativo de Reizentolo
- Bea Luengo, deseñadora gráfica-editorial, profesora e autora do cartel de 2023
- Elisardo de la Cruz, responsable do departamento de comunicación do Festival
 

Ademais, o xurado contou co asesoramento de:
- Bruno Lozano, músico e presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira
- Montse Gutiérrez, licenciada en belas artes e profesora de debuxo e artes plásticas
 

Na presentación, o edil anunciou que Jorge Fernández Arteaga é o gañador do concurso grazas a súa obra “El embrujo del dragón”. O novo deseñador e tatuador leonés, que será galardoado cun premio de 2.000 €, presentou unha peza que representa a esencia do Festival de Ortigueira a través dunha gaiteira, pandeireta, o Muíño do Campo da Torre e o emblemático dragón do Festival.


Jorge Fernández Artega declarou que “supón un orgullo persoal moi grande, como fiel asistente a este Festival desde que pisei Ortigueira fai 10 anos por primeira vez, o que sen dúbida foi a miña principal fonte de inspiración para presentarme ao concurso”. Ao referirse ao cartel comentou que “Nel quixen representar de forma conceptual pero sen escatimar en detalles, os elementos que considero imprescindibles á hora de representar este Festival”.


Acto seguido, o presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira, Bruno Lozano, centrouse nos obradoiros de baile e no Festival na Rúa “Na pasada edición fixemos un total de 192 horas de Festival con case 400 músicos e 300 alumnos de talleres. O éxito do Festival vén dado tanto pola calidade musical como pola hospitalidade do pobo de Ortigueira, cousa que agradecemos desde a Escola, e que fai que a xente que non é nativa de aquí veña e sinta Ortigueira como propia”. Lozano engadiu “queremos adiantar que este ano teremos dúas bandas asturianas e outra chegada desde Barcelona”.


O director do Festival, Alberto Balboa, destacou os aspectos artísticos e musicais, enfeitizando na filosofía do evento: gratuíto e accesible para todos os públicos. Posteriormente, presentou a algúns dos artistas que pasarán por Ortigueira este verán: Ailá, Aroze, BackWest, Bagad Brieg, Capercaillie, Cúig, Dervish, Escola de Gaitas de Ortigueira, Fillas de Cassandra, Green Lads, Kinnaris Quintet, Muro Kvartet, Nogood Boyo y Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, entre outros.


Valentín Calvín, alcalde de Ortigueira e responsable do Festival, pechou o acto facendo referencia a que “comeza a conta atrás para un Festival cheo de música, cultura, actividades e cun cartel espectacular, que volverá distinguir a Ortigueira como capital mundial do folk”. O edil quixo “agradecer a todos os involucrados en facer posible este evento único. Desde os patrocinadores públicos e privados, ata os artistas e voluntarios, protección civil, corpos e forzas de seguridade do estado, técnicos e traballadores do Concello de Ortigueira, encabezados polo director do Festival, Alberto Balboa. Tampouco me cansarei nunca de agradecer á Escola de Gaitas de Ortigueira o seu labor ano a ano, e quizá máis especialmente nesta edición, pois formaron parte no seu desenvolvemento a través do comité Organizador do Festival. E por suposto
a todo o pobo de Ortigueira polo seu esforzo en que cada edición do Festival sexa a mellor da historia”.
Máis información en www.festivaldeortigueira.com
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE