Interrompida a conexión ferroviaria entre Ortigueira e Viveiro por un desprendemento de terra
#ADIF comunicou que estableceu un plan alternativo de transporte por estrada no traxecto afectado para a relación Ferrol-Ribadeo
Adif informou de que un desprendemento de terra sobre a vía obrigou a interromper este domingo a circulación ferroviaria entre Ortigueira e Viveiro (Ancho Métrico).
Ante isto, a entidade comunicou que estableceu un plan alternativo de transporte por estrada no traxecto afectado para a relación Ferrol-Ribadeo.
Ademais, durante esta xornada a circulación de trens tamén se viu interrompida entre Ponche Mera e Cerdido por varias árbores caídas na vía debido á climatoloxía adversa.
Nesta ocasión, Adif estableceu un plan alternativo de transporte por estrada, no traxecto afectado, para trens de Media Distancia da relación Ferrol-Cudillero.
Escribe o teu comentario