​(VÍDEO) Colectivos animalistas tratan de boicotear os campionatos de caza do raposo en Triacastela e Láncara

Membros da plataforma ‘Libera!’ acudiron aos montes onde se realizan os torneos con chifres para alertar aos animais da presenza de cazadores. 


|

Membros da plataforma ‘Libera!’ acudiron aos montes onde se realizan os torneos con chifres para alertar aos animais da presenza de cazadores.


WhatsApp Image 2020 01 18 at 10.55.33

Protesta dos animalistas contra as cacerías de raposos


Os campionatos de caza do raposo que se celebraban desde esta mañá en Triacastela e Láncara comezaron, como estaba previsto, con polémica. Grupos animalistas acudiron á cita equipados con chifres para escorrentar dos montes aos raposos e boicotear as cacerías.  



Estes campionatos xa comezaron baixo sospeita despois de que a celebración destes campionatos en zonas afectadas pola presenza da rata topo espertase o malestar dos afectados, xa que a morte dos raposos, depredadores destes roedores que provocaron unha crise no rural lucense, agravaría aínda máis a situación.


Por este motivo desde a Federación Rural Galega (Fruga) avogaron por a paralización dos campionatos, que finalmente se están levando a cabo. A Fruga reprochou a “irresponsabilidade” da Xunta por permitir e patrocinar estes torneos que xa provocaron a dimisión dun cargo de Patrimonio Natural da Xunta en Lugo.


Ademais destes actos, hai programadas concentracións en varias cidades o vindeiro domingo 26 de xaneiro para protestar pola celebración destes campionatos que anualmente se cobran a vida de 12.000 raposos só en Galicia.



PACMA CARGA CONTRA Os CAMPIONATOS

A galega Laura Duarte, presidenta de PACMA, cargou onte contra as cacerías que algúns defenden como unha forma de “garantir a conservación” e “equilibrar as poboacións”, cualificando está práctica de “mentira”.



Duarte, que o pasado abril charlou con Galiciapress, debullou entón a postura do partido ao redor da caza do raposo, quer avoga pola súa prohibición. “PACMA é un partido en contra da caza en todas as súas formas e sen depender da xustificación que pretenda amparala, pero especialmente é inconcibible que se sigan celebrando concursos para ver quen mata máis animais, concedendo un trofeo a quen aseste máis tiros a un animal. É terrible. E por tanto opoñémonos e propoñemos a prohibición dos campionatos á Xunta. Tratamos de falar con eles para avanzar neste asunto, aínda que non hai vontade suficiente, pero imos seguir tentando”, declarou a presidenta de PACMA. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE