​Desirée Vila: sacrificio e compromiso coa vista en Tokio 2020

A atleta pontevedresa acaba de incorporarse ao equipo de embaixadores que apoian á Fundación Adecco no proxecto #EmpeloParaTodos.


|

A atleta pontevedresa acaba de incorporarse ao equipo de embaixadores que apoian á Fundación Adecco no proxecto #EmpeloParaTodos.


Desiru00e9e Vila 2

A atleta Desirée Vila


Nada pode frear a Desirée Vila. Nin as adversidades borraron o sorriso nin acabaron coas ganas da atleta galega de seguir superando novos retos no seu camiño cara ás Olimpíadas Paralímpicas de Tokio deste verán. A atleta, con records nacionais en disciplinas que van desde os 100 metros lisos ata o salto de lonxitude, tampouco rehúye dos compromisos, e vén de asinar unha nova colaboración, esta vez coa Fundación Adecco no proxecto #EmpeloParaTodos.


A de Gondomar, que xa é protagonista de varias campañas inclusivas de grandes marcas, une as súas forzas á fundación para sensibilizar a contornas empresariais "a través de xornadas con empregados, pero tamén con mozos en escolas e centros comprometidos coa inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade".


O Langui, Pablo Pineda ou Raquel Domínguez son outros dos rostros coñecidos que forman parte do proxecto, que agora conta con Vila como unha das novas abanderadas da fundación. Agora, con Tokio no horizonte, deberá compatibilizar os labores sociais cos seus estudos e o seu adestramento.


"Achegar o emprego ás persoas con discapacidade é unha prioridade nacional e por iso súmome ao proxecto da Fundación Adecco. En pleno século XXI, urxe poñer por diante á persoa e non á súa discapacidade. O meu reto como embaixadora é, precisamente, que as empresas e a sociedade se abstraigan e eliminen todos os prexuízos e rumbos que eclipsan o verdadeiramente importante: o talento, os valores e as competencias das persoas”, argumenta Vila, todo un exemplo de superación e esforzo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE