Beauvue desvincúlase do Celta e inmediatamente despois ficha polo Dépor
O de Guadalupe consumou o cambio de camisetas que viña anunciando desde hai días.
O de Guadalupe consumou o cambio de camisetas que viña anunciando desde hai días.
Beauvue cambia Vigo…pola Coruña. O xogador francés abandona a disciplina do Celta de Vigo e fai realidade unha fichaxe que viña mascando desde hai días: é novo xogador do Deportivo da Coruña. Así, o de Guadalupe súmase á lista de xogadores que se desempeñaron nos dous equipos galegos e máximos rivais.
Esta mañá consumouse a rescisión do contrato do atacante, que se despediu da afección celtiña cunha emocionante misiva. “Vou coa satisfacción de que ninguén me pode reprochar nada, sempre o dei todou”, declarou o galo.
Tras o anuncio, o Dépor deu a benvida á súa nova fichaxe, que chega a Riazor para reforzar o ataque herculino, necesitado de gol pero que coa incorporación de Beauvue, sumado ás de Çolak e Merino, goza de pólvora fresca. Con todo, a súa fichaxe pon na corda frouxa a Longo ou Santos, ambos na porta de saída.
DE VIGO A Coruña
Con esta “traizón”, Beauvue únese a unha lista de ilustres que defenderon a elástica celeste e branquiazul a partes iguais. O último en cruzar a AP-9 desde Rande dirección A Coruña (previo paso Sevilla, iso si) fora Krohn-Deli, xogador que deixou un grato recordo en Balaídos pero que non puido demostrar todo o seu talento en Riazor, onde acabou retirándose.
Joselu, Oriol Rise, Djorovic, Antonio Núñez, Munuaga ou Pahiño son algúns dos moitos nomes que agora acompañan a Beauvue, que busca relanzar o seu fútbol á sombra da Torre de Hércules.
Escribe o teu comentario