​Brigantias, Sereas, Irmandiñas e Jabatas pelexan pola liga Galega de Roller Derby

Catro equipos pugnarán polo cordón autonómico a partir deste sábado ás 17 horas na III Edición do campionato galego de Roller Derby.


|

Catro equipos pugnarán polo cordón autonómico a partir das 17 horas do 25 de xaneiro na III Edición do campionato galego de Roller Derby.


Roller derby galicia

Este sábado empeza a liga | Foto: @IrmandinasRD


A Liga Galega de Roller Derby comeza esta fin de semana na pista do polideportivo Elviña con catro equipos pelexando o todo polo todo nesta III Edición do campionato galego.


CARTEL


Nesta primeira xornada as herculinas de As Brigantias mediranse ao conxunto olívico de Sereas Bravas, que buscarán reter o título conquistado o pasado ano, ás 17 horas. Ese encontro será o que abra a liga, xa que despois do choque mediranse as tamén coruñesas Irmandiñas contra as Jabatas ourensás.


O campionato, que se desenvolverá ao longo dos próximos meses e que naceu da iniciativa do club Coruña Roller Derby Irmandiñas e doutros clubes galegos, conta co respaldo da Federación Galega de Patinaxe.


Galicia é a comunidade con máis equipos federados, o que permite ver a crecente popularidade deste deporte estadounidense que aos poucos se foi facendo oco entre as demais actividades sobre patíns. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE