​'Carne Cruda' trae a Santiago de Compostela a Siniestro Total no seu circuíto #EnCrudoYEnDirecto

O programa de radio chega á capital galega o próximo 30 de xaneiro ao Centro Dramático Galego coa actuación en directo do grupo vigués. 


|

O programa de radio chega á capital galega o próximo 30 de xaneiro ao Centro Dramático Galego coa actuación en directo do grupo vigués.


SINISTRO TOTAL MAILING (2)



Xoel López, Nacho Vegas ou James Rhodes xa se "someteron"ao micrófono de Javier Gallego e o resto do equipo de 'Carne Cruda'. Agora é a quenda de Siniestro Total, unha das bandas de punk-rock máis importantes da historia de España, que será o próximo en subirse ao escenario do programa radiofónico o próximo 30 de xaneiro ás 20 horas desde o Centro Dramático Galego.



Con motivo do tour #EnCrudoYEnDirecto, 'Carne Cruda' aproveita para entrevistar da forma máis intima posible e por diversas cidades de España a algúns dos artistas máis relevantes do panorama nacional. Os artistas e grupos convidados devolven o favor ofrecendo concertos en vivo que poderán gozar tanto os oíntes como aqueles que se acheguen de público ao programa.



"Os teus músicos favoritos como nunca os oías. A radio como nunca a vías. Outra forma de ir ao teatro e outra forma de financiar unha radio independente, sen emisora nin grupo mediático", promocionan desde o programa, que promete pegar a todos á radio o próximo 30 de xaneiro.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE