A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia vén de denunciar o "uso fraudulento" de servizos da concesionaria de mantemento no canto de recorrer ás listaxes de emprego público, unha práctica que considera "especialmente vergoñosa", tendo en conta que teñen lugar ao mesmo tempo que a administración galega "oferta a posibilidade de formar parte das listaxes de contratación eventual, despois de pagar as preceptivas taxas, como no resto de categorías profesionais do ámbito sanitario".
A gripe de Wuhan xa está presente en 13 comunidades autónomas -en Galicia todos os casos sospeitosos deron negativo ata a data- e a nivel mundial xa se cobrou a vida de 3.000 persoas. Cantabria anunciou nas últimas horas ata unha decena de positivos polo covid 19.
De non conseguir Gonzalo Caballero un firme e efectivo compromiso solidario dos gobernos municipais destas vilas, o seu partido (PSdeG/PSOE) experimentará un importante retroceso no apoio electoral.
A editorial galardoou a primeira obra do galego Rober H.L.Cagiao, que aproveitou a ocasión para reivindicar a figura de Rosalía de Castro.
O escritor Javier Carballo presenta o seu libro no Café Casino de Santiago de Compostela no que fai unha revisión á bailarina, actriz e cantante pontevedresa.
Ás portas do Ano Santo, Galicia comeza os preparativos para o Xacobeo coa vista posta no covid-19. A expansión da enfermidade a nivel internacional –só en España son xa case medio centenar de contaxiados- preocupa e moito ao turismo galego, mentres que as bolsas acumulan constantes caídas nas últimas semanas.
Un incendio orixinado na noite do venres en Vilariño de Conso (Ourense) e que xa queimou, segundo as primeiras estimacións, unha superficie de 35 hectáreas permanece controlado.
Ata a data todos os nomes que soaron para vestir de branquiazul no futuro caéronse da carreira por distintos motivos.
Mentres continúa a escalada de casos en España, cun paciente grave en Madrid -un home de 77 anos ingresado na UCI que presenta outras patoloxías previas-, no Sistema Galego de Saúde prepáranse para acoller futuros pacientes despois de descartar todos os casos analizados no día de onte, á vez que advirten que o uso de máscaras "non serve para nada" en persoas asintomáticas.