'O Gardián entre as Flores' premiada como 'Mellor novela de misterio' por Círculo Vermello
A editorial galardoou a primeira obra do galego Rober H.L.Cagiao, que aproveitou a ocasión para reivindicar a figura de Rosalía de Castro.
A editorial galardoou a primeira obra do galego Rober H.L.Cagiao, que aproveitou a ocasión para reivindicar a figura de Rosalía de Castro.

Rober H.L.Cagiao con o galardón
Rober H.L.Cagiao leva un ano de vertixe. Despois dun punto e seguido no mundo da música, o de Bañobras lanzouse ao mundo das letras coa publicación da súa primeira novela, 'O Gardián entre as Flores', que lle trouxo éxito editorial e galardóns a partes iguais.
O debut do escritor galego viuse recompensado co premio a 'Mellor novela de misterio' nunha nova edición dos Premios Círculo Vermello na gala celebrada en Roquetas de Mar.
O galardón recoñece así a un thriller que conecta algo tan propio da idiosincrasia galega como son as lendas e o misterio con asasinatos, nunha historia infestada de enigmas, moitas preguntas e non tantas respostas.

Ademais do galardón, o autor de 'O Gardián entre as Flores' converteuse en protagonista absoluto da gala ao lograr que todo o auditorio acompañase os versos de 'Adios Ríos, Adios Fontes' de Rosalía de Castro, á que reivindicou na gala. Do mesmo xeito, protagonizou xunto ao actor Jesús Olmedo uno dos momentos divertido da cerimonia, cando o actor bicou ao premiado despois de confesar que seguía solteiro, a diferenza do resto de galardoados.
Escribe o teu comentario