Feijóo cede o protagonismo ás mulleres: Elena Candia (Lugo), Ángeles Vázquez (A Coruña) e Díaz Mouteira (Ourense) cabezas de lista

O presidente do PPdeG liderará a candidatura por Pontevedra, na que Corina Porro será a súa 'dúas', e Díaz Mouteira repetirá en Ourense

|


O presidente do PPdeG e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, optou por dar protagonismo ás mulleres nas candidaturas das autonómicas do próximo 5 de abril. Deste xeito, a líder provincial de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, será a número uno por esta circunscrición, mentres que a súa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o será pola Coruña.


O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, coas cabezas de lista para as eleccións autonómicas do 5 de abril.

Ademais, a que ata hai dous días era delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, repetirá á fronte da candidatura nesta provincia.

Pola súa banda, Feijóo mantense como número uno por Pontevedra e tras el irá a exalcaldesa de Vigo Corina Porro, quen tamén esta semana cesaba como delegada da Xunta nesta cidade para integrarse nas listas populares.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE