A sanidade galega di estar preparada para o coronavirus e maximiza "as medidas de vixilancia"

Mentres continúa a escalada de casos en España, cun paciente grave en Madrid -un home de 77 anos ingresado na UCI que presenta outras patoloxías previas-, no Sistema Galego de Saúde prepáranse para acoller futuros pacientes despois de descartar todos os casos analizados no día de onte, á vez que advirten que o uso de máscaras "non serve para nada" en persoas asintomáticas.


|

Mentres continúa a escalada de casos en España, cun paciente grave en Madrid -un home de 77 anos ingresado na UCI que presenta outras patoloxías previas-, no Sistema Galego de Saúde prepáranse para acoller futuros pacientes despois de descartar todos os casos analizados no día de onte, á vez que advirten que o uso de máscaras "non serve para nada" en persoas asintomáticas.

 

Todo o sistema sanitario galego "está envorcado en maximizar as medidas de vixilancia" en situacións con posible risco de circulación do coronavirus na Comunidade galega, onde se estudaron varios casos con resultado negativo ata a data.


Protocolo covid

Protocolo de seguridade polo Covid-19


ADVERTENCIAS DESDE O CHUAC

A xefa de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac), a doutora María José Pereira, apelou, en declaracións a Europa Press, á "tranquilidade" entre a poboación galega porque "o sistema sanitario está en alerta, vixiante e preparado".


A doutora Pereira destacou que se delimitaron as zonas de risco e en España o sistema sanitario está "preparado". No caso concreto de Galicia, subliñou que "todo o sistema está envorcado en maximizar as medidas de vixilancia".

Deste xeito, explicou que "todos os centros" sanitarios "saben cando deben actuar en consecuencia" ante un posible caso de coronavirus. Ademais, comentou que o persoal traballa para, no caso de que se se rexistra circulación deste virus en Galicia, "dar resposta en tempo e forma". "A día de hoxe pódese facer", afirmou para asegurar que o sistema sanitario galego atópase "preparado".


MÁSCARAS E HIXIENE 

A xefa de Medicina Preventiva do Chuac aclarou que o coronavirus o transmiten pacientes con esta patoloxía cando teñen tose, falan e contaminan co virus na súa contorna, polo que incidiu na importancia de "controlar os fluídos respiratorios".


Por iso, cando un tose hai que taparse a boca con panos desechables, preferiblemente coa zona do cóbado e levar a cabo unha "adecuada hixiene de mans continuada", con "auga e xabón", engadiu.

Preguntada polo uso de máscaras, a doutora Pereira puntualizou que "só serven en persoas enfermas para evitar" a propagación do virus. Ademais, avisou de que co uso estas "deterióranse" e non fan a súa función. "Non serven para nada se levan de rutina", resaltou, en persoas asintomáticas, porque "dá sensación de falsa seguridade", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE