A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) denuncia que a maioría dos servizos de vixiantes os profesionais da seguridade non dispoñen de máscaras, luvas de látex ou xeles.
A crise sanitaria provocada polo coronavirus puxo en marcha unha serie de iniciativas na cidade de Santiago de Compostela para que voluntarios axuden a todas as persoas maiores ou grupos de risco que teñen problemas para abastecerse ou desprazarse a centros de saúde.
“Estamos xuntos en isto”, din os profesionais da sanidade pública, que quixeron facer público o seu agradecemento ao movemento cidadán que recoñeceu o labor dos traballadores do sector da saúde por medio dun aplauso unánime onte ás 22 horas.
Gráfica de evolución da epidemia de coronavirus en Galicia, a curva segue o seu ascenso a pesar de que os datos do domingo son só ata o mediodía
A Federación Galega REDE, de usuarios e familiares nas residencias e da dependencia, denuncian que os centros DomusVi decidisen "non informar sobre a aparición" de "posibles casos de coronavirus" nas residencias que rexentan, mentres que a empresa "desmente" esas afirmacións.
Os profesionais do Servizo Galego de Saúde iniciaron a campaña #QuedaNaCasa para concienciar á poboación galega da necesidade de respectar a corentena.
O coronavirus vén así a poñer en evidencia unha vez máis como, xunto a un reducido número de medios serios, rigorosos e independentes que informan responsablemente, hai unha maioría de altofalantes que non están a altura do que sería mester nunha sociedade plural, moderna e democrática.
Isabel Fraga, que destapou o escándalo de acoso sexual no Corte Inglés de Santiago de Compostela, atende a Galiciapress para adiantar a súa intención de recorrer a sentenza anunciada esta semana polo Xulgado do Penal número 1 de Santiago, que absolve ao exjefe de planta do centro comercial, J.M.C.D., dos delitos de acoso sexual, abuso sexual e acoso laboral, a pesar de admitir os tocamentos á traballadora.
A medida adoptada polo Goberno luso coincide coa do Goberno de España, que este sábado aprobará o estado de alarma anunciado este medio día por Pedro Sánchez. Esta decisión do Executivo de Antonio Costa ten unha especial incidencia na fronteira de Galicia co norte de Portugal, onde moitos galegos desprázanse todos os días por motivos laborais.