​(VÍDEO) A mensaxe dos profesionais do SERGAS: "Quédache na casa, protéxeche, axúdanos"

Os profesionais do Servizo Galego de Saúde iniciaron a campaña #QuedaNaCasa para concienciar á poboación galega da necesidade de respectar a corentena. 


|

Os profesionais do Servizo Galego de Saúde iniciaron a campaña #NaCasa para concienciar á poboación galega da necesidade de respectar a corentena.



“Estes días estamos a traballar intensamente e necesitamos da túa colaboración para seguir facéndoo. Quédache na casa, protéxeche, axúdanos”. Ese é a mensaxe común que o conxunto de profesionais que integra o Servizo Galego de Saúde quixeron mandar á cidadanía galega nun chamamento á poboación para que respecte a corentena e siga as recomendacións sanitarias.  


Profesionais de distintas categorías do SERGAS filmaron esta mensaxe nun intento por frear a histeria que estes días podería colapsar os centros de saúde. “Déixanos coidar a quen máis nos necesitan nestes momentos”, recalcan os médicos, que tamén rogan que non se saturen as urxencias.


A mensaxe faise extensible desde os hospitais aos centros de Atención Primaria, que estes días tamén ten que facer fronte a un gran número de urxencias médicas. “Temos que seguir atendendo a pacientes graves: cóidache, axúdanos, quédache na casa”, subliñan.


Ademais, tamén hai mensaxes para os pais e os máis pequenos, que tamén corren o risco de contaxiarse co coronavirus e ser transmisores da enfermidade: “Os nenos e nenas non están de vacacións; pensa neles, pensa en todos, educa en saúde”. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE