Sorteo Copa do Rei: premio gordo para SD Negreira e Ourense CF, que se medirán a Real Sociedade e Real Oviedo

O sorteo deparou que dous equipos de Primeira visiten Negreira e Ourense, mentres que Celta e Dépor xogarán contra rivais "menores" e vivirase un duelo fraticida entre UDO e Pontevedra. Todos os rivais coinciden na súa procedencia no norte de España.


|

556912940 1320117583241715 553720161557824162 n
Foto: SD Negreira

 

Todo esforzo ten a súa recompensa. Sábeno hoxe en Negreira, onde o equipo local, a Sociedade Deportiva Negreira viu premiado a súa desempeño en Copa do Rei, despois de levantar o 2-1 da ida ante SD Téxtil Escudo en Cabezón de la Sal cun espectacular 4-0 na volta en casa, onde conseguiron o billete á seguinte rolda do torneo do K.O., onde hai seis equipos galegos máis co obxectivo de seguir pasando roldas. 

 

RIVAIS DE PRIMEIRA

O Negreira ten de premio medir a un Primeira División. Un caramelo envelenado pola dificultade, pero unha alegría para o municipio, que vivirá unha noite grande contra un histórico como a Real Sociedade, que a pesar de vivir horas baixas levantou o título hai só seis tempadas. Tampouco o terá fácil o Ourense CF, conxunto que terá que deixar na cuneta a outro equipo da elite como o Real Oviedo, lanzado tras a vitoria deste fin de semana ante a Valencia CF. 

 

556829426 1320098799910260 6707046486979566484 n
Foto: SD Negreira

 

Outro partido de Primeira será o do Celta de Vigo, que terá un desprazamento cómodo até Asturias, onde xogará ante o modesto Porto de Veiga, equipo da Primeira Asturiana dun municipio de menos de 2.000 habitantes que seguro será unha caldeira cando o balón bote a rodar contra os celestes. Un pouco máis lonxe, até o límite entre Cantábria e o País Vasco, terá que viaxar o Deportivo da Coruña, que se medirá a UD Sámano, equipo da Segunda RFEF.

 

Xa no relativo aos equipos de Primeira RFEF, os partidos quedan tamén no norte de España. O Racing de Ferrol, empeñado en regresar a Segunda División pola vía rápida a pesar das tres xornadas seguidas sen gañar, terá que viaxar até Langreo, equipo da Segunda RFEF que hoxe merodea pola zona baixa da táboa, onde tamén atopamos á Unión Deportiva Ourense, incapaz de gañar nos primeiros cinco partidos, onde só puido rabuñar dous empates. Precisamente, a UDO terá que xogar as castañas ante o Pontevedra CF, feliz revelación do Grupo I do fútbol de bronce ao pelexar polos postos de playoff. Agora os granates terán que desprazar ao Couto para facer cun billete á seguinte rolda copeira no único derbi rexional que deixa esta rolda de 1/64 de final da Copa do Rei en Galicia. 

 

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE